miércoles, 29 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN EN GALICIA.

Por primeira vez, celébrase o Día da Ilustración en Galicia, o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.

O autor do cartel, que conmemora o día da ilustración é o coruñés Miguelanxo Prado


Coa creación do Día da Ilustración, quérese destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración. A ilustración  deberia ter un espazo singular no Calendario do Libro e da Lectura”, este día nace con vocación de permanencia e que contribúa a darlle unha maior visibilidade á profesión.

martes, 28 de enero de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ.


Un ano mais chega o 30 de xaneiro para pensar na necesidade de paz entre os pobos e as persoas.
A paz,"vivir en paz", é algo que se pode aprender, porque non é un valor absoluto, dado dun vez para sempre, nin un obxectivo imaxinario, senón un ESFORZO PERMANENTE no desenvolvemento integral da persoa.
Para reflexionar sobre este tema, podemos escoller os libros expostos á beira da biblioteca. Algún dos cales son estes





 O coro Mambazo Unidos, interpreta o Himno Nacional de Sudáfrica. Os Interpretes deste singular coro, proveñen de khayelitsha, o municipio máis grande de Cidade do Cabo.

A interpretación acompáñase de imaxes de Nelson Mandela, primeiro presidente de Sudáfrica elixido democráticamente, morto recientemente, e galardonado co Nobel da Paz en 1993.

Esta pomba liberada desde o noso cole, queremos que sexa a nosa pequena homenaxe a Nelson Mandela, e a todos eses homes e mulleres que traballan para A PAZ.

miércoles, 22 de enero de 2014

VISITA NA NOSA BIBLIOTECA

O pasado martes, 21 de xaneiro, visitáronnos de novo a contacontos Olalla González e o ilustrador Mark Taeger.
Trouxeron consigo unha maleta chea de fermosos contos.
Mentras Olalla engaiolaba aos nenos e nenas coa palabra, das cores de Mark ían xurdindo, multicores,  os escenarios e as personaxes dos contos...
Os nenos e nenas de 2º curso viron, escoitaron e disfrutaron de:

  "Los petos de Loreto" (ilustrado por Quentin Blake)
  "No bosque" (Anthony  Browne)
  "Boas noites, bufo" (Pat Hutchins)
...e un adianto do seu novo libro, editado por Kalandraka, que chegará na vindeira primavera....

VISITA A BIBLIOPONTIÑA XANEIRO 2014 by Slidely Slideshow

lunes, 20 de enero de 2014

SALVADOR DALÍ. 25 ANOS DA SUA MORTE

Moi preto de cumprirse xa 25 anos da súa morte, -23 de xaneiro de 1989-, este artista é valorado polo seu legado como ningún outro.
  Picando aquí, podes ver un interesante vídeo sobre cómo foi a vida de Salvador Dalí.

Ademais do seu traballo artístico non só na pintura, tamén na escritura e na escultura, Dalí é recordado polo seu espírito creativo, a calidez e a vivacidad da súa personalidade.
Aínda que para algúns era mellor escritor que pintor, Dalí movíase en diferentes áreas, entre elas a plástica, o teatro, o cine e a literatura. O que facía del un artista integral, completo.
Entre o seu legado, os expertos destacan o Teatro Museo Dalí en Figueras, España, grazas a que foi o mesmo artista quen se preocupou por deixar un espazo no que a humanidade puidese apreciar e revisar o seu traballo.
Si picas aquí, podes entrar na fundación Gala-Dalí e achegarte a súa obra
Este libro é unha historia biográfica do pintor, narrada por el mesmo. Unhas preciosas ilustracións, mesturadas con fotografías a modo de collage.


jueves, 9 de enero de 2014

CAPITAIS CULTURAIS 2014

Dúas capitais Europeas e unha Americana celebran, este ano 2014, a Capitalidad Cultural.

UMEA, no norte de Suecia, foi escollida como a Capital Europea da Cultura en 2014.
O programa da capital da cultura acolle eventos, proxectos, festivales e actuacións.


RIGA, a capital de Letonia, comparte con Umea este título de Capital da cultura. Esta cidade, poderá mostrar con orgullo a súa cultura, a súa gastronomía, o seu carácter, e o seu encanto durante todo 2014.


Ademais, hai outra capital, máis afastada,a mexicana COLIMA, que buscará con este nomeamento fortalecer vínculos os países do Continente e facer desta rexión unha porta de entrada "ao novo México do século XXI".

miércoles, 1 de enero de 2014

1 DE XANEIRO. CONCERTO DE ANO NOVO DA FILARMÓNICA DE VIENA.


O tradicional Concerto de Ano Novo da Filarmónica de Viena tivo como novidade o 1 de xaneiro de 2013 a inclusión por primeira vez na súa repertorio de dúas pezas do compositor ruso Piotr Chaikovski (1840-1893).