miércoles, 26 de marzo de 2014

DÍA DEL TEATRO 27 DE MARZO




Como cada 27 de marzo desde fai máis de 50 anos, o 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro 2014, unha data que organiza o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO, e co que se quere poñer en valor o labor realizado polos profesionais desta forma de expresión artística.
O Día Mundial do Teatro leva celebrándose desde 1962, para defender a todos os seus profesionais, tanto os que se soben ao escenario como os que permanecen tras el, facéndoo valer como unha forma de expresión e transmisión de cultura tan válida como calquera outra.
Para este 2014, a mensaxe oficial do Día Mundial do Teatro asínao o dramaturgo sudafricano Brett Bailey, que ha reinvindicado o poder de cambio que teñen nun mundo no que moitas persoas loitan por sobrevivir día a día.
 
  BENEFICIO DO TEATRO PARA NENOS


Co teatro o neno aumenta o seu autoestima, aprenden a respectar e convivir en grupo, coñecen e controlan as súas emocións, descobren o que é a disciplina e a constancia no traballo, ademais de desenvolverse entre o público.

O teatro tamén pode servir para:

- Reforzar as tarefas académicas como a lectura e a literatura.

- Actualizar ao neno en materias como a linguaxe, a arte e a historia.

- Axudar na socialización dos nenos, principalmente aos que teñen dificultade para comunicarse.
- Mellorar a concentración e a atención dos nenos.

- Transmitir e inculcar valores.

- Promover que os nenos reflexionen.

- Fomentar o uso dos sentidos dos nenos.

- Motivar o exercicio do pensamento.
- Estimular a creatividade e a imaxinación.

- Facer que os nenos síntanse máis seguros.

- Axudar aos nenos a que xoguen coa súa fantasía.

A mellor idade para que os nenos empecen a acudir a clases de teatro é a partir dos cinco anos de idade. A esta idade, o neno poderá ler, entender, e o seu poder de memoria é alto. Os nenos absorben todo o que escoitan.


RECURSOS

PICA AQUÍ 25 programas audiovisuales, cas suas correspondentes guías didácticas.
PICA AQUÍ . Xogo teatral, dramatización e teatro como recursos didácticos.
PICA AQUÍ. Seis pezas de teatro infantil.


 

martes, 18 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA. 21 de marzo

Con esta bonita ilustración, queremos dar a benvida, ao Día da Poesía, o 21 de marzo, coincide coa entrada da primavera no Hemisferio Norte. A data foi fixada pola Unesco en 1999.




Ilustración de Mónica Carretero.
 Froito do imaxinario tanto individual como colectivo, a poesía é un elemento permanente na construción da vida social, tanto como a música, a danza e as artes plásticas
 A poesía axúdanos a convivir, resulta indispensable para o diálogo entre culturas e para a relación armoniosa entre distintas comunidades.
 Nas súas formas escritas ou orais, a poesía pode ser instrumento de conservación, memoria viva dos pobos.
 A poesía contribúe a diversidad creativa ao cuestionar de xeito sempre renovado o xeito en que usamos as palabras e as cousas, os nosos modos de percibir e interpretar a realidade.

 Manuel María, "Rosas". Recitado de Manuel María
 
Rosalía de Castro "Negra Sombra" canta  Luz Casal. A medida que a poesía de Rosalía alcanza a madurez, as sombras deixan de ser un elemento romántico para definir un estado existencial caracterizado pola dor e a tristeza. A propia existencia provoca angustia e así nace "a negra sombra"  
 
poema de X. M. Álvarez Blázquez pertencente á obra "Roseira do teu mencer" adicado á súa filla Colorín. (Biblioteca Ceip Mestres Goldar)
 
 
Antonio García Teijeiro "Bicos na voz", esta colección de poemas contén unha homenaxe a Luís Eduardo Aute, un dos cantautores que máis influíron na concepción que Antonio ten da interrelación entre música e poesía .
 
 Uxío Novoneyra evoca o outono  neste fermoso e sinxelo poema "Caen as follas", nos transmite una grande sensibilidade. No vídeo está musicado por Emilio Cao.
  
Canción do poema que Federico García Lorca dedica á bellísima cidade de Santiago de Compostela. Federico García Lorca non era galego, pero escribiu un conxunto de poemas en homenaxe á poesía escrita neste idioma. A obra, chamada 'Seis poemas galegos' comeza con este 'Madrigal a Cibda de Santiago'





 
 


 
 
Recursos para o DÍA DA POESÍA
 


- Si picas aquí, irás a nosa entrada do 4 de febrero, poderás ter información sobre Antonio Machado, do que conmemoramos o 75 aniversario da súa morte este ano.
 

viernes, 14 de marzo de 2014

DÍA DO BOSQUE. 21 DE MARZO

A entrada da primavera, ademais de traernos POESÍA, déixanos o Día Internacional dos Bosques




Ilustración de Snatalia Makarenco



 
O 21 de marzo é tamén o Día Internacional do Bosque, unha boa homenaxe pode ser, dedicar un tempo a ler algunha das moitas obras poéticas que hai sobre él.
 Podemos empezar por este sentido poema de Manuel María que encabeza a fabulosa mostra, que hai na terceira planta, ensinándonos todo o proveito e coñecemento que podemos sacar dos nosos bosques e os danos que lles podemos causar.

 



 
 Vídeo: A importancia dunha árbore.
Moitas veces non nos poñemos a pensar en todo o que significa unha árbore para os seres humanos e simplemente non facemos nada para consérvalos

Vídeo: nacemento dunha árbore.
Vídeo no cal pode apreciarse o proceso no que unha belota se empeza a transformar nun pequeno carballo. Unha grabación realizada ao longo de oito meses tomando unha imaxe en intervalos de dúas horas. No vídeo pode apreciarse como a semente comeza a abrirse durante os meses de inverno, en xaneiro comeza a xurdir a primeira raiz, en febreiro o primeiro brote comeza o seu ascenso cara ao exterior, saíndo á superficie en marzo, ese mesmo mes e en abril xa forma as súas primeiras follas.
 
Algúns libros interesantes sobre o bosque.
 
 
 

lunes, 3 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO.


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
 En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Queremos deixar aquí o noso pequeno gran de área, dedicándollo especialmente á muller na ciencia. .
"O MUNDO NECESITA CIENCIA... A CIENCIA NECESITA MULLERES"

 Materiais para traballar a coeducación:
- Abecedario das profesións,  ambos xéneros

 
               

- Nós creamos o mundo.Primaria
Karima ten 8 anos e cóntanos todo o que o seu profe lles explicou sobre o Día Internacional da Muller.

- Educando en igualdade. Guía para infantil.
Nesta guía atoparás propostas para actividades para as e os máis pequenos. Os estereotipos, as familias... todo un mundo por descubrir... en igualdade

- "Arturo y Clementina"
 
Unha lectura moi interesante que suscita o conto de Arturo e Clementina é a formación de identidade, o coñecerse e respectarse tal cal un é, de xeito de evitar adaptarnos a outro ou a outra situación anulando a propia identidade e personalidade.
Fai xa máis de trinta anos que Adela Turín publicou esta serie de libros na súa colección "A favor das nenas" e que hoxe día son e convertéronse en todo un referente e cuxa temática segue vigente. Libros que nos fan reflexionar e intentan limar discriminaciones, diferenzas e construír deste xeito un mundo mellor.
 
- "Don Caballito de Mar"
editoria Kókinos tráenos este libro de Eric Carle. Ademas de achegarnos ao marabilloso mundo dos animais do mar, Don caballito de mar vai percorrendo o fondo submarino e descubrindo como non é el o único pai que é responsable das súas cativas, senón que hai outras especies nas que o macho é o que se dedica ao coidado dos ovos que as femias puxeron.
 

-"Rosa Caramelo"

de Adela Turín , publicado en Lumen, moi apropiado para traballar ou xénero.
Unitaria de Vide. "Contos para ver e ler"

 


 
- Lim Mulleres e Ciencia
6º Curso Educación Primaria

-Video de Presuntos implicados.
"A muller que move o mundo".
 

 Mulleres que "moven" o mundo co seu traballo, o seu esforzo, co seu amor, coa súa dedicación. 
Homenaxe a todas as mulleres.