domingo, 27 de abril de 2014

ABRIL, MES DOS LIBROS.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Un ano mais, unha das actividades que mais gozamos, durante, abril, o mes dos libros, é a de "Padrinos e Madrinas lectoras".
Os cursos dos maiores, escollemos un libro para o neno ou a nena á os que íamos ler . Aos pequenos gústalles moito que nós lles leamos, e a nós gústanos moitíiiiiisimo lerlles.
Foi estupendo!!!

CEIP "A PONTE" OURENSE (23/04/14) by Slidely Slideshow

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

Podemos atopar este "encontró" si picas na barra lateral dereita en "Encontros co aut@r", ou si  PICAS AQUÍ.
 
 
ENCONTRO CON ALFREDO GÓMEZ CERDÁ

Outro interesante "encontro" é o que tivemos con Alfredo Gómez Cerdá, podes seguilo AQUÍ, ou en "Encontros co Aut@r" na nosa barra lateral dereita

EXPOSICIÓN "OS NOSOS LIBRIÑOS"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega invítanos a expor e ver, na entrada principal,  as "xoias" feitas polos nenos e nenas, e os carteis adicados ao Día do Libro coa cantiga "O LIBRO MÁXICO", todos os carteis convertiranse... nun libriño!!!

 
 
 
 
 
 

CLUB DE LECTURA "PONTIÑA"

Xuntanza Extraordinaria, sobre " O noso libro favorito". Esta entrada podemos atopala na barra lateral dereita en "Club de lectura", ou si PICAS AQUÍ.
 

ENCONTRO COA AUTORA TERESA ZATARAIN.

Podemos atopar esta entrada na barra lateral en "Encontros co aut@r" ou si PICAS AQUÍ.
 
 
VIDEOCONFERENCIA CON RAFAEL ORTEGA DE LA CRUZ.
 
Podemos atopala na barra lateral dereita en "Encontros co aut@r" ou si PICAS AQUÍ. 
 
 
ENCONTRO CON MANUEL RIVAS.
 
Esta entrada está na barra lateral en "Encontros co aut@r" ou  AQUÍ
 
 

EXPOSICIÓN DE NOVIDADES.

 
A partir do mércores 23, podemos coñecer a selección dos novos fondos da biblioteca. hai unha chea de libros interesantes para distintas idades, e distintos gustos.
 Párate e coñéceos!!





 
 

ENTREGA A BIBLIOTECA DE LIBRO "OS DEREITOS DOS NEN@"

 


Os nenos e nenas de 5 anos, para celebrar o día do libro, fixeron entrega "oficial" a biblioteca do colexio, dun precioso libro feito por eles co tema de "OS DEREITOS DOS NEN@S". Foi moi emocionante!. Si quéreo ver o noso libro PICA AQUÍ.
 
        

CONTACONTOS "OS COCIÑEIROS/AS"

O 30 de abril, os nosos nenos e nenas de 4 anos, seguindo cun tema traballado por eles e que lles encanta, gozaron dunha contacontos,

"Os cociñeiros/as"


 
 


 
 

II EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

"Eu leo aquí, Eu leo Así"

https://drive.google.com/file/d/0Bx668UZwH0-mN0MzWkYxdzFfV28/edit?usp=sharing

lunes, 21 de abril de 2014

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.

Bonita ilustración de Monica Carretero.

O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor celébrase todos os anos o 23 de Abril. O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.

O 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, en 1616, morreu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso De La Vega, O Inca. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros prominentes autores, como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo.
 


 
Mafalda, o personaxe de cómic creado polo arxentino Quino, fai 50 anos, e será o estandarte dos actos de celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor da Unesco.
 A axencia da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) organizará para ese día "unha exposición sobre a celebre nena, pacifista e contestataria".




 
 
 Aínda que xa está un pouco avanzado o ano aproveitamos estas datas para facer chegar unha relación das principais celebracións literarias que se conmemoran este ano e que podemos aproveitar na nosa biblioteca para coñecer libros con temas variados. Tamén queremos relacionarvos algunhas conmemoracions que non son literarias pero cuxa temática, ten cabida tamén na nosa biblioteca. Comezamos...


- 100 ANOS DE PLATERO, WEB FUNDACIÓN ZENOBIA-JUAN RAMÓN JIMÉNEZ
 2014 é o ano Platero. En 1914 viu a luz a primeira edición de Platero e eu, a logo platero 2014obra máis universal de Juan Ramón Jiménez, cuxa calidade e profundidade resultaron decisivas para a concesión ao poeta do Premio Nobel de Literatura.





 - WEB OFICIAL DO IV CENTENARIO DO GRECO.





- WEB DE MAFALDA, MAFALDA CUMPLE 50 ANOS. BIOGRAFÍA DE QUINO, MAFALDA DIGITAL...







- 35 ANIVERSARIO DA SUA MORTE A RAG, RENDE HOMENAXE A BRANCO AMOR.








 




- 450 ANOS NACEMENTO DE GALILEO GALILEI (Pisa 1564 ?
 Arcetri 1642) foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico italiano que estivo relacionado de forma estreita coa revolución científica.



 - CEN ANOS  DA PRIMEIRA APARICIÓN DE CHARLOT
O seu bigote, o seu bombín e o seu bastón forman o atuendo máis coñecido do mundo do cine. Falamos de Charlot, un dos personaxes máis entrañables. Este mes de febreiro cúmprense 100 anos da primeira aparición do mítico personaxe no cine.Fiel ao cine mudo, gañou dous Óscar, nomeáronlle ao Nobel da Paz e morreu aos 88 anos o Día de Nadal.







- 25 ANOS DA MORTE DE DALÍ , o último gran pintor surrealista (do 11-05-1904 ao 23-1-1989) .Dende aquí podes ir a nosa entrada.








- FAI 150 ANOS NACE RICHARD STRAUSS. Nace en Munich , compositor e director de orquesta
alemán do Romanticismo tardío, cuxa obra exerce unha gran influencia no século XX. pica aquí para saber mais.







 - 50 ANIVERSARIO CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE. Dende aquí podes ir a nosa entrada para saber mais cousas de Charlie.









- FAI 75 ANOS FALECE ANTONIO MACHADO en Colliure, o 22 de febreiro de 1939, poeta español, só un mes logo de atravesar a fronteira francesa xunto á diáspora republicana. Dende aquí podes ir a nosa entrada sobre Machado.










PORT HARCOURT (PICA AQUÍ) elixida Capital Mundial do Libro para 2014
 

 Gústannos os libros!!!
 pero, sabemos como se fan...?
 aquí queda este interesante vídeo para explicalo.
 
Para pór de relevancia esta data, o profesorado e a biblioteca do centro organizou as siguintes actividades. 
 
1.- ENCONTROS con autores, contacontos e ilustradores/as.
 - Encontro coa autora Teresa Zataraín.
- Contacontos "Cociñeiros".
- Videoconferencia con Rafael Ortega De La Cruz.
- Encontro con Fran Alonso.
- Encontro con Manuel Rivas (no IES Blanco Amor).
- Encontro con Ricardo Gómez Cerdá.
- Encontro con Marcos Calveiro.
 
2.- EXPOSICIÓN "OS NOSOS LIBROS"
- O Equipo de Dinamización invítanos a expo as nosas "xoias", na entrada principal do cole.
 
3.- EXPOSICIÓN DE NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA.
 
4.- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA: "EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ..." II
 
5.- PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES.(3ª edición)
 
6.- TOP DEZ LIBROS-TOP DEZ LECTORES
.
7.- CLUB DE LECTURA "PONTIÑA". Xuntanza Extraordinaria, Sesión de cine.
 
8.- "MALETA DE PAPEL". Dúas Maletas Viaxeiras.


E agora, ahí van algunas propostas para facer nas aulas...

- Iniciar o "CUADERNO DO ESCRITOR" ou "CUADERNO DA ESCRITORA".
- Exposición de aula: "OS NOSOS LIBROS PREFERIDOS"
- "O NOSO LIBRO FAVORITO". Elaboración de mural, sobre o libro elexido, dos leidos por a clase.

 Actividades TIC:

- Recursos elaborados na Biblioteca "Mestres Goldar"
- Recursos do CEIP "Victor Saénz"
- Lecturas e origami.
Marcapáxinas.
 
Razóns para ler

 

"Rap do libro"


 

domingo, 20 de abril de 2014

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA.


 "A realidade suprema do noso planeta , é a vulnerabilidade do noso planeta." - John F. Kennedy


 
Todos os anos, o día 22 de abril ten lugar a celebración do Día da Terra en todo o mundo. Un evento cuxa finalidade principal é a concienciación da importancia do coidado do medio ambiente.

  O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoblación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.


espectaculares bolboretas pousadas no tronco dunha árbore

insecto co rocío da primavera
O inestable bico de dous caracois sobre os pedúnculos de duas cereixas nesta instantánea do fotógrafo ucraniano Vyacheslav Mischenko


O sincronizado baile de dúas formigas de lume, Rhonny Dayusasono conseguiu esta fotografía perfecta, e sen retoque fotográfico.

Algúns libros sobre A Terra.
 
 

 Recursos.
 - Explorando o CAMBIO CLIMÁTICO
 - A situación da terra O UNIVERSO.
 - Proxecto Alquímia. O MEU PLANETA.

 Paginas de interese.
 - Organización das Nacións Unidas ONU.
 - A miña amiga a Terra. INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL.
 - AMIGOS DÁ TERRA
 - O BOSQUE VERTICAL..As árbores nas terrazas proporcionan sombra no verán, protexen do vento, limpan o aire e axudan a reducir o ruído

jueves, 10 de abril de 2014

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE. 50 ANIVERSARIO.


Un neno compra unha tableta de chocolate, cando abre o envoltorio, un brillante boleto de cor dourada descóbrese no seu interior. É a entrada á fantástica e marabillosa fábrica de chocolate do excéntrico Willy Wonka.
 Non fai falta engadir moito máis, non? Todos sabemos de que libro se trata, o clásico de Roald Dahl que aúna fantasía, humor e un punto macabro, Charlie e a fábrica de chocolate. Un libro que se escribiu fai hoxe 50 anos e que foi traducido a multitude de idiomas e levado ao cine en máis dunha ocasión. Hoxe celebramos o seu  50 aniversario.


Roald Dahl é un escritor de obras infantís moi famoso. Do seu lápiz (porque escribía a man e con lápiz fronte á súa cheminea) saíron libros tan máxicos como Matilda, James e o Melocotón xigante ou As Bruxas. Si podes, le algún dos seus títulos; non che arrepentirás.

PICA AQUÍ para entrar na biografía de Roald Dahl e resumo de "Charli e a fábrica de chocolate"



Quentin Blake foi amigo do señor Dahl. É un ilustrador fantástico que traballou en varios títulos co escritor. Si fíxasche nos seus debuxos, parecen monigotes ou simples rayajos. Vólveos a mirar con máis calma e descubrirás que debuxar así require unha habilidade tremenda.



Desta obra realizáronse varias versións cinematográficas. A última, dirixida por Tim Burton, e portagonizada por Johnny Depp,
PICA AQUÍ  e poderás atopar o tráiler da película, galería de fotos, posters e xogos  da película.





Ben..., a que esperas?
Le este libro. É tan delicioso
como a máis suave e apetecible tableta de chocolate...