martes, 30 de septiembre de 2014

JOSÉ RAMÓN SANCHEZ. PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2014

José Ramón Sanchez

O ilustrador santanderino José Ramón Sánchez foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Ilustración 2014 por "a súa traxectoria", así como pola súa "influencia en varias xeracións de ilustradores".

Así deuno a coñecer hoxe o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, quen concede este galardón, co obxectivo de recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas.

O xurado do premio destacou de Sánchez (1936) "a súa traxectoria, a súa influencia en varias xeracións de ilustradores e o seu esforzo polo recoñecemento da profesión".

Ilustración de 'La Constitución do 78', de José Ramón Sánchez

Se queres saber parte da traxectoria de José Ramón Sánchez dos anos 70 e 80. PICA AQUÍ

lunes, 8 de septiembre de 2014

VOLTA AO COLE

Benvidos e benvidas ao novo curso,  logo dunhas merecidas vacacións, seguro que volvedes cargados de enerxía, coa ilusión do reencontró, e seguro con moitas ganas de aprender cousas novas e de pasalo moi ben.
A nosa biblioteca comeza un novo curso escolar con moita ilusión, e sobre todo, con moitas ganas de seguir fomentando a lectura.
Durante o curso actualizaremos os nosos fondos, dentro das nosas posibilidades, e traeremos actividades novedosas que esperemos que vos gusten e animen a ser uns grandes e entusiastas lectores e lectoras.

Esta preciosa canción "Cualquier noche puede salír el sol" canción de Jaume sisa (en catalán), interpretada por Joaquín Carbonell, versión en castelán de Joaquín Sabina, non está mal para acompañar o anuncio de que próximamente abrimos a biblioteca.


Saúdos do equipo de biblioteca