jueves, 29 de enero de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN

 
 

Dende o pasado ano, celébrese en Galicia o Día da Ilustración o 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Daniel Rodríguez CASTELAO, poñendo así en valor unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galegas.
 
 
Con ese motivo , as bibliotecas de xestión autonómica , programaron diversas actividades gratuitas para que grandes e pequenos festexemos esta efeméride.
Organizáronse, para esta celebración, numerosos talleres de banda deseñada, faladoiros con ilustradores, exposicións e mostras bibliográficas que conforman as propostas que, durante os próximos días, ofrecerán as bibliotecas públicas de Galiza.
 
    Cartel oficial do Día dá Ilustración 2015, por MIGUELANXO PRADO

domingo, 18 de enero de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xorde en 1964 dunha iniciativa do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios convertémonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Conmemoramos o aniversario da morte do Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. Pica aquí para saber moitas mais cousas sobre GANDHI
 



A noción de "educación para a paz" foi impulsada pola Organización das Nacións Unidas na década de 1970 co propósito de formar ás novas xeracións nunha "cultura de paz", que permita aos homes resolver os conflitos a través do diálogo, a comprensión e a diversidade. Pretendese que os mais novos se familiaricen coas nocións de educación pola paz, e paz positiva.
 
- Para reflexionar sobre a Paz que mellor que informarnos sobre o último Premio Nobel da Paz, Malala e Satyarthi. Pica aquí e irás á nosa entrada sobre os Premio Nobel Da Paz 2014.
 
-No corredor, á beira da biblioteca, tedes unha selección de libros sobre esta data que esperamos que vos guste. Aquí vos deixámos un avance.

BIBLIOTECA CEIP "A PONTE" - OURENSE by Slidely Slideshow
 

- Deberiamos deixarnos levar sempre por un sentimento de empatía cara á dor allea, facer que o noso "leitmotiv" sexa "tratar os demais como a un mesmo"..., sobre este tema espero que gocedes con este curto

 
 
- Unha das formas en que podemos chegar a todos os lugares cos nosos bos desexos é, a través da música, a ver se vos gustan estes videos musicais!!!
 
John Lennon. "Imagine"
 
 
"Desaprender la guerra". Luis Guitarra.
 
 
- Preciosa Lenda de Sadako Sasaki e as mil grúas de origami.

 
Esta lenda remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima (Segunda Guerra Mundial)
"Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, o seu amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel ( papiroflexia), os deuses che concederán ese desexo que tanto anhelas.
Así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu moito antes de poder rematalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira pregar 644 grúas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.
 
 " 
Para os xaponeses a grúa ademais de paz, significa saúde.
 

 
- Contos para descargar
- Cuentos del Mundo. "IRENE EN EL SAHARA"
- Una Historia Verdadera. "WANGARI"
 
 - Actividades e xogos sobre a PAZ
- Mulleres que son premio Nobel.MULLERES POLA PAZ
Interesante UNIDADE DIDÁCTICA do día da paz de C.P. Manuel Pérez, entorno á Nai Teresa, Gandhi, M.L.King (biografías, Frases, fotografías, actividades).
- Este LIM, tamén o podes traballar en castelán e en ingles.
- Para os máis pequenos, actividades LIM para traballar as habilidades sociais
- Conto e actividades de WANGARI e as árbores da paz.
 
- Xogo de UNICEF para os "construtores" de PAZ.
- o xogo da "OCA"pola paz.
- vai estalar a PAZ!!!
 
 
 

jueves, 8 de enero de 2015

IV CENTENARIO DE "EL QUIJOTE II"

Con motivo da conmemoración do IV Centenario da edición da segunda parte de "EL Quijote" en 2015 e do Cuarto Centenario da morte de Miguel de Cervantes no 2016 a nosa biblioteca render unha pequeña homenaxe á figura do "Quijote" .
 
 

- 15 RECURSOS para achegar a "El Quijote".
- WEBS sobre a obra e "Don Quijote".
- "El Quijote" interactivo B.N.E.
- "El Quijote" INTERACTIVO para os máis pequenos.

- Interesante BLOG "En un Lugar de la Mancha..."
- MATERIAIS para traballar na aula.
- Manualidades sobre "El Quijote".AQUÍ.
- Caderno para traballar o personaxe.PICA AQUÍ
- Debuxos, de "Don Quijote", para colorear.PICA AQUÍ
- Proposta didáctica e caderno de actividades. Para todos os cursos AQUí


- Querémosvos mostrar o primeiro capítulo, desta grande obra, aquí vemos como escolle o seu "rocín" e á súa namorada Dulcinea del Toboso.
 
- Esperamos que vos guste este interesante vídeo que vos deixamos aquí, é un pouco longo, pero asegurámosvos que paga a pena.




 
Esperamos que vos resulte moi interesante.