sábado, 20 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2015.


O verán é un excelente momento para que leamos o que máis nos gusta, para aprender cousas novas e divertirse.

 
A lectura de verán é unha boa forma de evitar perder o aprendido durante o curso.
A lectura de verán pode mellorar os logros académicos xerais . Por iso dende o colexio, gústanos darvos algunhas recomendacións sobre posibles lecturas. Son só recomendacións, o máis importante é que a elección dos libros sexa do voso gusto, xa que debe ser un momento agradable.
Tamén ,recordade aproveitar para visitar a Biblioteca Municipal.
Dende o colexio queremos desexarvos unhas felices vacacións e recordade "ler pode significar grandes aventuras! atrévete a vivilas "
 
https://drive.google.com/file/d/0Bx668UZwH0-mQXhObkZPbk5OYms/view?usp=sharing