Para ir a páxina de "Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil" PICA AQUÍ
miércoles, 30 de marzo de 2016
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. 2 DE ABRIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
jueves, 17 de marzo de 2016
21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA, DÍA DA ÁRBORE
O Día Mundial da Poesía celébrase todos os anos o 21 de Marzo, foi proposto pola UNESCO en 2001, quen nos convida anualmente a reflexionar sobre a linguaxe poética e os seus creadores.
O mesmo día tamén celebramos O día da Árbore, durante este día procúrase concienciar sobre a importancia das árbores, sinalando os beneficios que ofrecen a toda a vida.
Imos encher o noso cole de poesia e plantaremos, o que serán, unhas fermosas árbores!!!
O mesmo día tamén celebramos O día da Árbore, durante este día procúrase concienciar sobre a importancia das árbores, sinalando os beneficios que ofrecen a toda a vida.
Imos encher o noso cole de poesia e plantaremos, o que serán, unhas fermosas árbores!!!
- Pasos para escribir poesía.AQUÍ
- Pasos para plantar unha árbore
Viras algunha vez a uns albaneis recitando uns versos? Pois aí os tes. Non son Bécquer nin Góngora pero arte teñen dabondo. O 21 de marzo, estes albaneis anímanse a lanzar gabanzas como nunca antes o fixeran.
viernes, 11 de marzo de 2016
PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2016 " LA CASA", PACO ROCA
"La casa" (Astiberri), de Paco Roca(PICA), foi elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, un galardón que outorgan desde fai catro anos as librerías especializadas integradas en Zona Cómic, da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL).
"La Casa" é o cómic "máis persoal" de Roca, no que se reconcilia cos recordos e o que significa ser pai e fillo, unha idea que lle chegou cando estaba a acabar "Los surcos del azar", que tamén obtivo o premio de Zona Cómic.
Unha homenaxe ao seu pai, a partir do regreso de tres irmáns á casa familiar na que creceron, un ano despois da morte do seu pai, para vendela, Roca reflexiona sobre se o feito de desfacerse dos trastes
que contén supón desfacerse do pasado, do recordo do seu pai e do seu propio.
Con "La Casa", Paco Roca recupera o rexistro máis sociolóxico e familiar co que triunfou con Engurras (2007) e que lle levou a unha cima do mundo do cómic, ao gañar o Premio Nacional de Cómic en 2008, e do cinema, pois a súa adaptación como película de animación logrou dúas Goya en 2012 e un amplo percorrido internacional.
jueves, 3 de marzo de 2016
DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO
Aproveitamos este día para lembrar ás mulleres, a todas as mulleres, nais, artistas, cantantes, pensadoras, matemáticas, deportistas, etc, pero especialmente da nosa cidade, da nosa comunidade e do noso país que destacaron, que foron importantes e que aínda o seguen sendo.
O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
As mulleres todas son traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera amplamente á dos homes en todos os aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.
As mulleres todas son traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera amplamente á dos homes en todos os aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.
CUADERNO DE VALORES E ACTIVIDADES.
- Cuaderno de educación en Valores. "Nosoutras Creamos Mundo". AQUÍ
- LIM "¿Conoces a Clara Campoamor?". O voto feminino. Autor: Antonio Fernández Romero. PICA AQUÍ
- LIM "Muller e ciencia". Autora: Nela Abella. PICA
- LIM "Mulleres que Fixeron Historia". Autora: Belén Junquera. AQUI
- Interesante video, dunha campaña publicitaria, elaborada pola axencia creativa "Leo Burnett" de Chicago. Onde o obxectivo principal é fomentar a fortaleza da muller, apreciar o valor da frase "Like a Girl" (Como unha nena) e deixar de vela como un insulto.
- INFOGRAFÍA: un longo camiño de máis de 100 anos para a conquista da igualdade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)