jueves, 14 de abril de 2016

DÍA DEL LIBRO, 23 DE ABRIL

 
Preciosa Ilustración de Leandro Lamas

O 23 de abril de 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data  foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.




Texto de Pedro Feijoo,  "Os libros son para valentes", un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do libro e dos Dereitos de Autor/2016

Achégase o día do libro, e desde a nosa biblioteca organizamos un ciclo de actividades co que tratamos de que te acerques ao marabilloso mundo da lectura. Ademais das actividades dentro de cada aula, estas son as que se levan a cabo na biblioteca durante esta semana.

1. Encontro con Marcos Calveiro.PICA
3. Exposición "Os nosos libriños"

4."Feira do Libro"
5. Invitación para participar na  III Exposición de Fotografía: "O Que Eu Leo..."
6. Padriños e Madriñas lectores.
CEIP "A PONTE"- OURENSE. DÍA DO LIBRO by Slidely Slideshow
8. Convocatoria PICA Extraordinaria do noso Club de Lectura.
Xuntanza AQUÍ
9. Aproveitando esta data, puxemos en marcha unha actividade á que denominamos BiblioRecreo. @s axudantes de biblioteca sacarán estes bibliorecreos os dous  patios,  co obxectivo de dar a oportunidade ao alumnado, que o desexe, de ler no tempo de recreo de maneira libre e sen que sexa necesario  sacar un libro da biblioteca. O único que se lle pide aos nenos e as nenas, é que respecten o espazo de lectura e que se coide ao máximo os libros.
Esperamos que teña moito éxito!!!

 Unha das obras máis coñecidas de Miguel de Cervantes é "El Quijote" por iso queremosvos animar a que vos  acerquedes a estas actividades, que recollemos pola rede,  e achegarvos un pouco mais á figura de "El Quijote".
 

Para @s máis pequen@s:
- Lim sobre "El Quijote".PICA
- Murais para colorear e marioneta articulada de "Don Quijote".AQUÍ

- Páxina oficial da serie de debuxos animados de "El Quijote"AQUÍ
- Aproveitando O Día Internacional do Libro, contámosche a vida en debuxos de Miguel de Cervantes!

Para @s maiores:
- Serie de RTVE "El Quijote", con guión de Camilo José Cela e protagonizada por Fernando Rey e Alfredo Landa.PICA
- Trivial de "El Quijote"TRIVIAL
- O gran xogo de "El Quijote"XOGA
- A linguaxe multimedia ao servizo de "El Quijote" vida, obra, época, personaxes, lingua, xogos... .AQUÍ


* Tamén vos podedes achegar aos gadgets habilitados a dereita do noso escritorio.
- "Cervantes y Shakespeare, dos vidas paralelas"
- O sistema de Cervantes e as suas catro estrelas.
- A nosa entrada de 2015 polo IV Centenario de "El Quijote".

viernes, 1 de abril de 2016

1 DE ABRIL, DÍA DÁS ARTES GALEGAS DEDICADO A CASTELAO.

A Academia Galega de Belas Artes dedicou o ano pasado ao Mestre Mateo o Día Dás Artes Galegas, este ano, a Academia  decidiu dedicarlle este  día  ao político, escritor, pintor, debuxante, médico e pai do nacionalismo galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Buenos Aires, 1950).
A efeméride ten como fin "sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia".
A data, 1 de abril, foi elixida porque aparece nos dinteles do Pórtico dá Gloria, un conxunto escultórico do Mestre Mateo que representa todas as artes.
 
-cremos que este vídeo pódevos aproximar a obra de Castelao.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao representou o problema da emigración en varias das obras que se conservan no Museo de Pontevedra