martes, 29 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE


Este ano celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade tras aprobar a ambiciosa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. Este plan global de acción ínstanos a "non deixar a ninguén atrás".
"Somos unha marea de xente
todos diferentes
remando ao mesmo compas..."




Unha canción para esta xornada pode ser "Mensaxe de auga" de Macaco que se utilizou no mundo da discapacidade nunha magnifica SceneMob que vos deixamos aquí, esperamos que vos guste.

viernes, 25 de noviembre de 2016

POR FIN, AS MOCHILAS VIAXEIRAS CHEGAN ÁS NOSAS CASAS

Comeza a actividade Mochilas Viaxeiras. Desde a Biblioteca do colexio quérese facer partícipes ás familias da importancia da lectura. Os nenos e nenas desde 4 anos a segundo  poderán gozar do contido das mochilas  desde Xa!!!.

Para estar xuntos.
Para compartir maxia e alegría
NADA MELLOR QUE UN LIBRO CADA DÍA!!!
 
 

martes, 22 de noviembre de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 
Como todos os anos, non esquecernos de que o 25 de novembro é o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, oxalá puidésemos. No noso colexio traballamos para que a igualdade de xénero sexa unha realidade e para que a violencia non teña cabida na vida presente nin futura do noso alumnado. Tamén incidimos no apoio, respecto e a solidariedade entre ambos os sexos para potenciar unha educación en valores que contribúa á súa formación integral como persoas e axude á construción dun mundo máis xusto e igualitario.
 
 
 - O misterio do chocolate na nevera: elaborado polo Instituto da muller. Actividades en torno a 6 contos. Dirixido a Educación Primaria    PICA
 - Unidade Didáctica "Equidad de xénero e prevención da violencia en preescolar" dirixida a Educación Infantil    AQUI
 - Unidad Didáctica "Construyendo la igualdad prevenimos la violencia de género" dirigida a Primaria editada por la Comunidad de Madrid    PICA
- Se picas AQUÍ podes ir á entrada do ano pasado é ler porqué dedicamos este día ás victimas da violencia de xénero e coas historias deses libros,  reflexionar sobre este tema.
- Bonito e breve vídeo no que dous nenos reflexionan sobre os estereotipos de xénero... Por que Luca non pode levar perruca?
 

viernes, 18 de noviembre de 2016

PREMIOS LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2016

O pasado día 10 de novembro fallouse en Madrid o Premio Lazarillo 2016. Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, pretende estimular a creación de bos libros para nenos e novos. A OEPLI convócao anualmente nas modalidades de Álbum Ilustrado e Creación literaria.
 
Na súa modalidade de Creación Literaria, o xurado elixiu como ganadora a obra titulada: O SECRETE DE L'AVI de Carles Cano, escrita en valenciano. Destacou da obra "a originalizada das historias, cunha evolución nos contos que vai desde unha formulación e unha estrutura máis tradicional de conto popular a relatos moi innovadores. É unha obra ben escrita, cunha linguaxe coidada e sugerente que se adecua ás distintas narracións".
O secret de l'avi é unha recopilación de cinco contos que inventa un personaxe, o avó Nicolau, para os seus netos Miquel e Maria a partir de distintos elementos que atopan ao seu ao redor e que non están no lugar que lles correspondería.
 
  Na modalidade de Álbum Ilustrado, a obra ganadora foi BARRIOS DE CORES, de Ana González Menéndez e Kike Ibáñez , destacando de forma unánime a forza e o impacto do simple na obra, onde esa simplicidad responde a unha idea complexa na que os autores souberon establecer unha armoniosa e coherente composición entre texto, tipografía, forma e cor.
 
Alejandro Pombas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2016 pola súa novela "Un fill", publicada simultaneamente, en marzo de 2015, en catalán e castelán co título UN HIJO. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2015.
O Xurado decidiu premiar ao autor "pola súa obra polifónica, profunda e emotiva que trata con orixinalidade temas actuais. Os seus personaxes van crecendo dentro dunha trama que engancha ao lector".

lunes, 14 de noviembre de 2016

DEREITOS DA INFANCIA

"Non hai causa que mereza máis alta prioridade que a protección e o desenvolvemento do neno, de quen depende a supervivencia, a estabilidade e o progreso de todas as nacións e, de feito, da civilización humana"
Plan de acción do Cume Mundial a favor da Infancia




- PICA Convención adaptada a 6-8 anos


 - AQUÍ convención adaptada a 9-12 anos




- Conxunto de secuencias de diversas películas susceptibles de ser analizadas desde a perspectiva dos dereitos da infancia.



miércoles, 9 de noviembre de 2016

DÍA DAS LIBRERÍAS


Este venres celébrase a IV edición do Día das Librerías, que este ano reivindica o papel de apoio que realizan este tipo de establecementos e quen os rexenta, segundo indicou nun comunicado a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal).
Baixo o lema 'Como vai sobrevivir a ignorancia se está rodeada de libros', conmemórase este día co obxectivo de volver converter a xornada nunha gran festa de todos os amantes dos libros e a lectura. Para iso, haberá xornada de portas abertas en todas as librerías españolas, que estarán ao servizo do seu público ata as 22.00 horas e que aplicarán un desconto do cinco por cento en libros.
"No mundo cultural no que nos movemos, a librería modernizouse e está chamada a ser ese espazo especial onde o libro, no formato que sexa, ten un lugar; e o libreiro é un profesional, un axente cultural, un mediador para axudar a penetrarse no bosque inmenso que é a cultura dos libros", destaca a presidenta de Cegal, Pilar Galego.

domingo, 6 de noviembre de 2016

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Cartel feito sobre preciosa ilustración de Leando Lamas.
A primeira semana de novembro celebraremos a Semana Da Tradición Oral. Contos tradicionais, cancións, adiviñas, refráns, trabalinguas... que nos conectan cos nosos avós e tataravós .
Defínese á tradición oral como todas aquelas expresións culturais que se transmiten de xeración en xeración e que teñen o propósito de difundir coñecementos e experiencias ás novas xeracións.

- Contos de vellos para nenos.AQUÍ
- Lendas para rapaces. PICA

martes, 1 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


Sen darnos conta, atopámosnos xa en novembro, o cal é considerado como o mes da Ciencia, por iso, se levarán a cabo diversas actividades en prol destas ramas tan importantes. Fai anos a UNESCO deciciu dedicarlle novembro á Ciencia e sinalaron que: "A ciencia debe estar ó servizo do coñecemento, dá paz, do desenvolvemento e dá sociedade."
O principal obxectivo disto, é difundir a Ciencia como algo próximo a esta forma de vida que hoxe en día levamos, pero sobre todo, ser participes activos das investigacións que se realizan e a práctica destas.
Así neste mes desenvólvense eventos como: conferencias, talleres, exposicións, visitas guiadas, corcursos e feiras en diversas Institucións.

No noso cole, estamos ao choio!!!, xa temos unha chea de libros para curiosear e actividades para divertirnos moito....moito.

 
-PICA O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico."

- Como facer un volcán casero, animádesvos?


- Como facer areas movedizas. Para os máis pequenos


- A esfera de aceite ingrávida. Para os maiores.