jueves, 19 de enero de 2017

DÍA ESCOLAR DA PAZ. 30 DE XANEIRO

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz  foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
 

Desde o cole, tentamos traballar continuamente desde a paz , o entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión, isto  non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, como hoxe, que nos lembren que aínda hai situacións sociais difíciles, buscamos desenvolver no alumnado as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa e a concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

 
Unha Canción, un Poema, un Libro, humor, un Cadro, unha Pelicula......para a PAZ.

- Canción. Ningunha mellor para iso que a mítica canción de Bob Dylan: "A resposta está no vento".
Era 1962, Bob Dylan tiña  21 anos, e compuxo "Blowin' In The Wind", todo un canto á compaixón, á paz e á liberdade. Unha canción emblemática, un poema de profundo impacto social, un pozo de riqueza que hoxe segue plenamente vixente..


- Poema.

 
 
- Un libro. Un conto precioso "O soño de Picasso", no que nos conta a orixe da pomba da paz, que está tan presente nas obras de Picasso, así como fainos un percorrido polos distintos períodos artísticos do autor.





- Humor. Reflexións pola paz desde o humor gráfico. humoristas gráficos teñen unha capacidade especial para reflectir nos seus debuxos, con moi poucas palabra ou ningunha, moitos sentimentos sobre temas concretos.

 

- Un cadro "O Guernica" de Pablo Picasso.


    Pica "O Guernica" de Picasso para colorear.

Aquí en varios tamaños podedes atopar,  para   descargar          e colorear , "O Guernica" de Picasso.
 
- Unha Peli para cada idade
"Antz". Para os mais pequenos. O xeneral Mandible é unha formiga ambiciosa que trata de levar a todas as formigas á guerra contra as termitas a través da manipulación. Z-4196 é unha formiga que trata de evitar problemas e, namorado da raíña, busca Insectopía, un mítico lugar, onde se supón que todos os insectos son iguais e viven en harmonía. Pero Mandible trata de eliminar ás formigas máis débiles para crear unha nova colonia dos débiles e Z ao final demostrará a súa valentía opoñéndose ao tirano...
"Os mozos da choiva". Para os mais maiores. A película conta a historia dun mundo onde habitaban dous pobos inimigos, os Hydross e os Pyross, que foran un ao principio dos tempos, pero o "Separador" dividiunos e desde entón foron inimigos. Os líderes axitan ao pobo para que os soldados maten os seus inimigos, pero non están a contar toda a verdade .  pero dous mozos namoraranse e tentarán cambiar o mundo de guerra no que viven, restablecendo a paz.
"A guerra dos botón". E unha película imprescindible para 6º. A última adaptación da guerra dos botóns, ambientada nun pobo francés durante a segunda guerra mundial. Os nen@s de dous pobos veciños viven enfrontados e libran unha batalla "A guerra dos botóns"... pero outra batalla líbrase en Francia e os nenos deberán colaborar para salvar a vida de Violette, unha nena xudía escondida no pobo.

- Achega a ver algún dos libros que temos na biblio sobre A Paz



 
 

martes, 17 de enero de 2017

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2017, HOMENAXE A ÁLVARO CEBREIRO

 
O cartel da edición deste ano está a cargo da ilustradora Perrilla.
O Día da Ilustración foi instituído  hai catro anos, como parte do Calendario do libro e da lectura, tomando a data do 30 de xaneiro, día de nacemento de Alfonso D. R. Castelao.
Este ano, por iniciativa da AGPI, o Día da Ilustración vese reforzado coa homenaxe a un dos grandes ilustradores galegos históricos, Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956), coa intención de que, ano tras ano,
unha figura destacada da ilustración en Galicia reciba un merecido tributo para revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade.

Se queredes achegarvos á figura de Álvaro Cebreiro  PICA AQUÍ, podedes achegarvos á súa vida, obra, caricaturas , humor e moitas cousas máis.

lunes, 9 de enero de 2017

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2017

A Secretaría Xeral de Cultura edita o Calendario do Libro e da Lectura correspondente ao ano 2017

 
 A ilustración  da "toupiña lectora" é da ilustradora TANIA SOLLA