martes, 20 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO


A EALG conmemoran un ano máis o Día de Rosalía no seu aniversario de nacemento. Desde 2010, esta entidad propuxo á cidadanía que agasalle con un libro en galego e una flor, alén doutras acción.
Pola nosa parte, un ano máis desde a biblioteca expoñeremos os nosos libros sobre a vida e obra de Rosalía, hainos para todas as idades, sabemos que vos gusta pasar por alí e escoller os que vos parecen máis interesantes.
Tamén escoitaremos, nas filas, os poemas que os voluntarios vannos a ler por megafonía.
E por suposto, teremos esa actividade que tanto vos gusta a todos, os maiores contarán a vida de Rosalía aos pequenos co kamishibai.
Ademais de todas as actividades que Normalización téñennos preparadas. 
- Agasalla e fai tu unha flor AQUÍ
- "Rosalía pequeniña" de Uxía.




- Presentación PREZI sobre Rosalía
Unha chea de recursos do CEIP Isaac Peral  AQUÍ
- Dende a Biblioteca CEIP Lamas De Abade PICA
- Video "Mulleres na historia, Rosalía de Castro, feminista na sombra"



- 'RosalíaXXI', un álbum no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta.

-


- Actividades da EALG
ÍNDICE DE CONTIDOS PICA AQUÍ
Manifesto da AELG no Día de Rosalía
Presentación das iniciativas da AELG para o Día de Rosalía 2015
Actividades promovidas pola AELG
Iniciativas doutras entidadesActividades nos centros de ensino
Vídeos da campaña #EuSonRosalía nos centros de ensino
Outros vídeos da campaña #EuSonRosalía

sábado, 17 de febrero de 2018

DÍA DA LINGUA MATERNA . 21 DE FEBREIRO

En recoñecemento ao sucedido en Bangladesh o 21 de febreiro de 1952, cando un grupo de mozos demandaba que a súa lingua materna, o Bangla, fóra recoñecida como lingua oficial e ante a reacción da policía, que  deu morte a tres estudantes, a UNESCO declarou o Día Internacional da Lingua Materna.
As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural. As iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirán para incentivar a diversidad lingüística e a educación multilingüe, para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e tamén para inspirar á solidariedade baseada no diálogo, a tolerancia e o entendemento. Como fonte de coñecemento, as linguas son tamén puntos de partida para o establecemento dunha relación máis harmoniosa co medio.

- Atlas interactivo UNESCO das linguas do mundo en perigo AQUÍ

Que mellor para nós celebrar na mesma semana o día 21 nosa lingua nai e o día 24 conmemorar a Rosalía, á nai da nosa lingua.