lunes, 9 de julio de 2018

LETRAS GALEGAS 2019, ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS


"O antropólogo, historiador e geógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999) foi finalmente a personalidade literaria elixida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día dás Letras Galegas de 2019.
Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e maestría á antropología.
Cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento, segundo expresa a RAG. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades dá Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica."