lunes, 29 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018


Xa queda pouco para unha festa que nos gusta moito e que na biblio celebramos con unha terrorífica decoración, uns arrepiantes historias e unha exposición de libros sobre maxia, lendas...O SAMAÍN

- SAMAÍN A orixe da festa.


O Samaín, que significa novembro, ou fin do verán, celebrábase fai miles de anos en todo o territorio celta cara á noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, con motivo da conclusión da tempada de colleitas e a chegada do inverno. Os druidas, sacerdotes paganos dos celtas, consideraban esta data como un momento perfecto para reverenciar aos devanceiros que visitaban as súas antigas aldeas, e para iso se santificaban mediante ritos conducentes a lograr o seu intercesión.





- Actividades de Samaín para os pequenos:
Xoga con Pocoyo PICA
Manualidades Aquí

- Para os maiores:

miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR, 24 DE OUTUBRO.



POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018-2019.
No noso cole sabemos que a poesía é unha parte esencial de quen somos, e hoxe, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, celebrámolo ao grande, levámonos a biblio ao patio, sacamos das estanterías algún dos nosos libros de poesía preferidos ,e recitamos poemas en voz alta aos nosos compañeiro... así de animados estabamos...




lunes, 15 de octubre de 2018

"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

ILUSTRADORA, NURIA DÍAZ
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.  Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... "

lunes, 1 de octubre de 2018

"PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2018"


Juan Kruz Igerabide obtivo o "Premio Nacional de Literatura Infantil Y Juvenil" na súa edición 2018 pola súa obra Abezedario Titirijario. O galardón concédeo o Ministerio de Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2017.
O Xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra “pola maestría no uso dunha linguaxe poética que se nutre tanto da aliteración de ecos simbolistas, como do humor nonsense, o absurdo, a fantasía rodariana e ecos da tradición oral vasca”. A obra galardonada escrita en euskera, co título orixinal Letren txotxongiloa traducida ao galego como Abecedario monicredario.

- BIBLIOGRAFÍA DE JUAN KRUZ IGERABIDE

- ENTREVISTA A JUAN KRUZ IGERABIDE.