miércoles, 27 de febrero de 2019

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA E CON IRIA MISA

Este mércores 27 os alumnos e alumnas de 3º e 5º tiveron a sorte de poder ver e charlar coas autoras dos últimos libros que leron, podedes ir ata  "Encontros co Autor" e ver máis en detalle estes interesantes encontros.IRIA MISA  PAULA CARBALLEIRA

jueves, 14 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO


Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración do Día de Rosalía de Castro o día 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora. Esta entidade propón á cidadanía , alén doutras accións, que agasalle un libro en galego e unha flor. 
PRECIOSO CARTEL "LIBRE O MEU PENSAMENTO" FEITO DESDE NORMALIZACIÓN




Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino.


Na nosa biblio, como todos os anos, baixaremos dos andeis os seus libros para que os teñades a man e poidades ver algún que aínda non coñezades.
- Pica AQUI e poderás ver o interesante blog de Normalización linguistica


- Tamén recompilamos materiais, de outros anos, para que continuedes adentrándovos na figura da nosa Rosalía.
2018
2017
2016
2015
2014


lunes, 4 de febrero de 2019

CONTACONTOS: IAGO LÓPEZ "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"

Hoxe visítanos un cuentacuentos especial Iago López, co seu libro "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".
Non é a primeira vez que vén ao noso cole, estamos encantados de compartir esta nova historia con el.



pasámosnolo xenial !!!