jueves, 21 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO, COEDUCACIÓN AO PODER!!!


Este luns 25 conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres para denunciar a violencia que se exerce sobre a muller en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

Como todos os anos organizamos unhas actividades para sensibilizar ao noso alumnado sobre a igualdade, o respecto aos demais e a non violencia.



- Este ano traballaremos o conto de Daniela Pirata, onde a protagonista demostra como non é a identidade sexual o que define a súa vida, senón súas capacidades e a súa actitude.



- O alumnado máis creativo traballará  nun mural sobre este tema.

- Animámosvos a escoller algún dos libros que levan uns días expostos no corredor á beira da biblio, son moi interesantes!!!





- Un conto claro e sinxelo para os máis pequenos  
  



- Conto sobre o dereito de cada neno e nena nos seus gustos e identidades. Esta é unha historia inspirada en feitos reais.



- A nosa entrada dos anos 2018 e 2017 PICA

Aprendamos xunt@s a vivir na igualdade das persoas.

Non debemos esquecer que coeducar é responsabilidade de tod@s e en todo momento.
  

viernes, 15 de noviembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA


Todos os 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos da  Infancia, porque un 20 de novembro, pero de 1959, foi cando Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos da Infancia e en 1989 asinouse a Convención sobre os Dereitos da Infancia .
Os Dereitos da infancia son os dez principios que aprobaron as Nacións Unidas para que formasen parte das leis de todos os países e case todos os aceptamos como una lei.
En situacións difíciles ou de conflito, os nenos e as nenas son as persoas máis vulnerables. Por iso estes dereitos protexer aos máis pequenos, estes, non pode protexerse a se mesmo e somos os maiores os que debemos coidalos e acompañalos no seu crecemento.
 













Se picas nestas ligazóns  podreis xogar e á vez repasar os dereitos da infancia.
-  5 actividades para celebrar o Día Universal do Neno.

- ¿Sabías que? Todas las niñas y niños del mundo tienen derechos. RAYUELA