martes, 28 de enero de 2020

DÍA DA PAZ 2020

"No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas."



Achégate o Día da PAZ a Biblio, Pontiña xa ten preparada una exposición de libros que tratan sobre A PAZ E A NON VIOLENCIA para todas as idades


lunes, 27 de enero de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2020

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.


Xulia Pisón. Ilustradora do cartel. (A Coruña, 1985)
Ilustradora e debuxante de banda deseñada, cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Despois de editar varios cómics en formato fanzine, como McCactus, e de colaborar en diversas publicacións colectivas como Altar Mutante ou a antoloxía Licor café, en 2019 creou para a Universidade da Coruña o cómic de divulgación científica Microalgas – El mundo oculto. Como ilustradora ten realizado carteis para diversos eventos, como as Festas de María Pita da Coruña en 2017.

- ACTIVIDADES DÍA DE LA ILUSTRACIÓN 2020 EN OURENSE
Biblioteca pública de Ourense
Obradoiro de ilustración: Expresa tu mundo imaginario
Con Fatiropina
De 6 a 12 años
30 de enero a las 18:00
Inscripciones en el teléfono 988 788 386

Muestra: Los grandes ilustradores
Del 8 a 31 de enero 

ANÍMATE!!!



viernes, 10 de enero de 2020

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2020

Presentámosvos o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.


A gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada BEA LEMA asina a ilustración deste ano, que homenaxea, segundo a autora "a habilidade humana de levar cousas na cabeza".

Para alén das datas máis habituais, como o Día das Letras Galegas o 17 de maio, o de Rosalía o 24 de febreiro ou o Día da Poesía, o 23 de marzo, o calendario recolle celebracións específicas de 2020, como son os centenarios de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto) e da revista Nós (30 de outubro).