martes, 27 de octubre de 2020

SAMAIN

 Deixámosvos aquí unha  serie de lecturas moi interesantes para a época do ano en que estamos

Que teñades unhas BOAS E TERRORÍFICAS LECTURAS!!!!!

jueves, 22 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. 

A Bibliopontiña seguirá ao noso lado propondo actividades e lecturas aos nosos alumnos/as, senon pode ser de forma física faremos todo o posible para que sexa de forma virtual.

Seguindo o lema deste ano das Bibliotecas Escolares: "Xeografias Lectoras", veremos durante este curso onde nos levan as nosas experiencias lectoras.

BOA VIAXE!!!!!!

sábado, 17 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS


Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

  "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

 Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar as obras das Escritoras Galegas, rendíndolle unha pequena homenaxe a todas esas mulleres que coa súa obran fan que corramos unha chea de aventuras, que alimentan a nosa imaxinación e que nos fan pasar momentos moi agradables e divertidos.

Propoñemosvos o seguinte:

-Escollede unha escritora en Lingua Galega. Coñecemos moitas e algunhas xa viñeron ao cole, pero hai moitas mais...

-Investiga un pouco sobre a súa vida.

-Recolle un pequeno fragmento dunha das súas obras. (Narrativa, poesía, teatro..)

-Fai un pequeno debuxo do que ese texto che faga sentir.

Para axudarvos deixamosvos un enlace cunha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.

RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

 2RECOMPILACIÓN DE ESCRITORAS GALEGAS

jueves, 1 de octubre de 2020

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á COVID-19

 
Comezamos un novo curso, pero un curso diferente debido á COVID-19, que trae consigo cambios no funcionamento do cole e tamén da biblioteca, como espazo e como impulsora de actividades.

A continuación deixamosvos o Protocolo de Adaptación da Biblioteca a esta situación. Debemos ter en conta que non é un documento estático senón que estará suxeito a modificacións, se a situación sanitaria mellora e tendo en conta as normas ditadas pola Consellería