lunes, 23 de noviembre de 2020

"C@nto _Contigo"

 O Martes 24 de Novembro de 10h a 12h e o Xoves 26 de Novevembro de 12h a 14h podremos  escoitar o concerto que nos ofrece Paco Nogueiras.

Para poder velo tedes que entrar en www.kalandraka.tv e buscar o enlace ao concerto de Paco Nogueiras.


https://drive.google.com/file/d/1fSyLpyx6KBQv5w-pnZc4xlSGTKmB1S_7/view?usp=sharing

domingo, 22 de noviembre de 2020

25 de Novembro


O 25 de Novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende a  escola debemos seguir traballando pola sensibilización /educación dos nosos/as alumnos/as para poñerlle freo entre todos/as a este grave problema da nosa sociedade.

A Biblioteca pon a vosa disposición os libros que estan no corredor para traballar este tema nas aulas e ao mesmo tempo deixamosvos aquí os videos con algúns dos contos que temos na biblioteca.

 

En infantil traballouse co conto: "O Año que que é un porquiño" https://edinfantilaponte.blogspot.com/2020_11_22_archive.html

martes, 17 de noviembre de 2020

20 de Novembro: Día Internacional dos Dereitos dos Nenos

 



Cada 20 de Novembro celébrase o  Día Universal dos Dereitos do Neno.

En 1959  a ONU  aprobou a Decalaración dos Dereitos da Infancia. 

O obxectivo deste día e recordarlle a cidadania, que os nenos/as seguen a ser o colectivo mais vulnerable, o que mais sufre coas crises e os problemas do mundo.

É un día de celebración por os avances conseguidos, pero tamén para chamar a atención dos nenos/as mais desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia, e concenciar as persoas sobre a necesidade de traballar polo seu benestar e desenvolvemento.

Neste día queremos recordar que os nenos/as sexa cal sexa o seu orixe ou condición social teñen dereito a educación, a saude, a protección...

Dende a Biblioteca queremos propoñervos unhas lecturas axeitadas ( que exporemos no corredor anexo a biblioteca) para os nosos/as alumnos/as, que podedes aproveitar para traballar con elas nas aulas.

 


Tamén deixamosvos aquí unha serie de recursos para aprender xogando os Dereitos dos Nenos.


jueves, 12 de noviembre de 2020

13 de Novembro Día das Librarías

 



O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte. En Galicia está incluÍda no Calendario do Libro e a Lectura e conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia. Desde CEGAL sinalan que “… queremos mostrar que somos espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades en torno ao libro e a lectura”

Pensamos, que este é un bo ano para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para  alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.





lunes, 2 de noviembre de 2020

Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2020

 


“...chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo”. Xurxo Mariño Alfonso

 

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

 

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos  dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

A continuación deixámosvos os seguintes enlaces:

MANIFESTO DE XURXO MARIÑO

FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS:

PINTEREST CIENCIA EN GALEGO

Na entrada da biblioteca, tedes expostas algunhas das obras que seleccionamos, para que coñecerades. Atoparedes libros de diferentes tipos relacionados coa física, a astronomía, as máquinas, a química....

GOZADE E APRENDEDE COA CIENCIA