martes, 21 de diciembre de 2021

viernes, 17 de diciembre de 2021

KAMISHIBAI DE NADAL

 O Equipo da Biblioteca quere invitarvos a tod@s a ver os Kamishibais virtuais que o curso pasado fixeron os alumnos e alumnas de 6º.

Non podemos xuntarnos na biblioteca para escoitar os contos nin ver aos nosos compañeiros pero si por segundo ano as novas tecnoloxias acercannos un pouco mais.

Animámosvos a escoitalos cos vosos alumn@s nas aulas. 

Tamén queremos recordarvos que a  música que acompaña á narración nas voces dos nosos ex-alumnos/as de 6º do curso 2020/2021é unha panxoliña orixinal: letra da profe Pura, música da profe Enma e voces do coro do CEIP A Ponte de Ourense

Felices Festas!!!

 "A Lenda da Árbore de Nadal"

 

 

"O Apalpador"

 

 

"Conto de Nadal"

miércoles, 24 de noviembre de 2021

25 de Novembro

 O xoves 25 de Novembro é o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a muller.

Dende pequenos, os nenos/as configuran a súa personalidade, por iso temos que previr actitudes dende todos os ámbitos que nun futuro poidan dar lugar á violencia de xénero.

Dende a biblioteca propoñemosvos unha serie de contos para traballar na aula o respeto e a autoestima dende a infancia.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

jueves, 28 de octubre de 2021

Concurso Contos de Medo

 

Este curso volvemos a por en marcha o Concurso de Contos de Medo polo Samain.

Cremos na necesidade de  promover a escritura nos nosos alumnos/as  e por iso intentamos por en marcha este tipo de iniciativas dende a Biblioteca e os outros equipos do cole (EDLG)

Pedímoslle aos nosos alunmos/as que para celebrar a noite de Samain que escriban un pequeno conto en galego baixo o título: Medo na Noite de Samain

Xa vos vamos informando do desenlace deste pequeno concurso.

 

 

martes, 26 de octubre de 2021

Contos polo Samain

 A Bibliopontiña celebra o Samain, e non o podía facer de mellor forma que sacando os libros que mais medo dan aos corredores anexos a Biblioteca para que os/as titores/as os empregasen na hora de ler ou na merenda para contarllos aos seus alumnos/as.


Tamén vos deixamos unha selección de contos e libros coa temática de bruxas, mostros e fantasmas para darvos ideas de lecturas para estos días:



lunes, 25 de octubre de 2021

Día das Bibliotecas escolares

 

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares unha conmemoración impulsada pola Asociación De Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

Para dar comezo as actividades da biblioteca a Bibliopontiña lanza o seu Concurso de Contos de Medo.



miércoles, 20 de octubre de 2021

Día das Escritoras

 Un ano mais sumámonos a esta celebración promovida pola  Biblioteca Nacional de España.

Dende a Biblioteca fixemos unha pequena exposición con libros, de algunhas das nosas autoras, para todas as idades, coa ideas de que os nosos compañeiros e compañeiras os levasen as aulas para ler algún fragmento ou o libro aos seus alumnos/as.

 


martes, 7 de septiembre de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

Comezamos un novo curso cheos de ilusión, no que como cada ano estamos a preparar actividades e proxectos que esperamos que vos gusten.

 Desexámosvos un moi bo inico de curso e que veña cargado cunha chea de BOAS E NOVAS LECTURAS!!!!!

domingo, 20 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021

 Como cada ano deixamosvos as nosas recomendacións tanto de libros como de xogos para que disfrutedes durante o voso tempo de lecer.



miércoles, 5 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

No ano 2021 a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas é Xela Arias Castaño ( Sarria 1962- Vigo 2003).

    Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de Literatura. Comezou a traballar moi nova en Edicións Xerais, compaxinado este traballo con diversas colaboracións en publicacións como La Voz de Galicia, A nosa Terra ou o Faro de Vigo. Foi unha muller do seu tempo, comprometida co movemento feminista, co ecoloxismo e co pacifismo, que participou en diversos movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada ou Burla Negra. Entre as súas obras destacamos: "Darío a Diario", "Tigres coma Cabalos", "Intempérome", "Denuncia do Equilibrio" e "Non te amola".  (Coleccion Mulleres Galegas: Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias. Lela edicións).

 

"O idioma é o principal signo dunha cultura. (...) Unha lingua ha medrar como a hedra, dándolle o sol e mailo aire"  Xela Arias, "Paixon de militancia e escuros desertores". Revista de Filología Románica de la Universidade Complutense de Madrid nº6, 1989.

Xela Arias en Pictogramas Audioconto feito polo alumnado de Primaria do CEIP Juan Fernadez Latorre (A Coruña) sobre o libro "NON TE AMOLA" de Xela Arias, publicado pola editorial Galaxia e ilustrado por Luz Beloso.
PONTIÑA QUERE SABER

jueves, 22 de abril de 2021

23 de Abril

 Hoxe  23 de Abril celebramos a Festa do Libro, e queremos facelo mostrándovos as actividades que durante estos días os nenos/as fixeron nas súas casas e no cole.

 Ainda non estan todas. O luns engadiranse novas actividades.

Queremos darvos as grazas a todos/as pola vosa participación nas actividades propostas. Esperemos que vos gusten tanto coma a nós.

Booktubers 



Padriños e Madriñas Lectoras ( 3º, 4º, 5º e 6º)

3º 

 

4º 

 5º 

6º 



"Nós tamén somos  ESCRITORES/AS!!!"

 -Relatos en Galego  (5º EP)

http://dinamizaciondalingua.blogspot.com/

-"Las 25 Emociones Fantásticas"


 

Cantiga dos Nenos/as de E.I. 

Coa Profe Marisa os nenos de infantil fixeron as seguintes actividades:

Canción contada: Imos contar un conto polos nenos e nenas de 5 anos A e B



Canción O Libro Máxico polos nenos e nenas de 3 e 4 anos. 

Traballos de Aula

 

 

martes, 13 de abril de 2021

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro, vamos a darlle continuidade as actividades que xa fixemos en outras ocasións.

-Padriños e Madriñas Lectores VIRTUAIS:- os nemos/as dende 3º ata 6º vades ser os padriños e madriñas dos pequenos do cole.

-Booktubers: E TI, QUE LIBRO ME ACONSELLAS?: esta actividade non ten límite de idade, podedes participar todos os/as nenos/as do cole.



jueves, 1 de abril de 2021

Día Internacional do Libro Infantil: 2 de Abril

 Como en outros anos o IBBY, chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de Abril, data de nacemento de Hans Cristian Andersen. O obxectivo é promocionar os seus libros Infantis e Xuvenis entre os máis novos.


Mensaxe e cartel en Galego.

Día do Libro Infantil- OPLI

Vídeo OPLI

Concurso GÁLIX "Eu Son....!


sábado, 20 de marzo de 2021

21 de Marzo: Día da Poesía e Día da Árbore

 O 21 de Marzo celebramos o  Día da Poesía e o Día da Árbore.

 A proposta do Equipo da Biblioteca para esta semana é a de acercar a Poesía aos nosos alumnos/as,  e non encontramos mellor maneira que propoñer dedicar a Hora de Ler a este xenero literario, que as veces lles resulta tan lonxano e afastado.

Non só ler propomos senon tamén crear: Crear Poesía e como tamén celebramos o Día da Árbore, pois que  mellor que dedicar as nosas creacións a Natureza e a nova estación que esta a dar comezo.


jueves, 4 de marzo de 2021

8 de Marzo: Día da Muller

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro 8 de Marzo celebramos o Día da Muller baixo o lema: "Mulleres Líderes: por un futuro igualitario no mundo da COVID-19".

O Día Internacional das Mulleres é o día de tódalas mulleres. De todas aquelas que sostiveron e sosteñen as nosas vidas, que fixeron historia no pasado: científicas, investigadores, escritoras, deportistas; e que tamén fan historia no presente. Non só mulleres famosas senon tamén,  todas aquelas mulleres anónimas que cada día fan posible avanzar cara unha sociedade mais igualitaria.

 Este ano vamos a dedicar este día non só as mulleres importantes da historia senon tamén as mulleres importantes da nosa vida.

No corredor, o equipo da biblioteca colocamos unha pequena exposición con material que podemos empregar para traballar durante estes días.

Tamén os deixamos a continuacion material audiovisual que podemos empregar nas aulas para coñecer un pouca máis a fondo o porque se celebra esta data, e pequenas curtas para proxectar nas aulas.

 


lunes, 22 de febrero de 2021

24 de Febreiro: Día de Rosalía. Teus Doces Cantares

 O 24 de Febreiro como xa todos coñecemos e o Día de Rosalía, poeta de referencia da nosa lingua e da nosa literatura.

Cantarte hei Galicia

teus dulces cantares

que así mo pediron

na beira do mar

Cantarte hei Galicia

na lengua gallega

consolo dos males

alivio das penas

 Un ano mais queremos sumarnos a esta celebración promovendo actividades que acheguen ao noso alumnado a súa vida e obra. Propoñemos pequenos traballos de investigación, lecturas de poemas, actividades plásticas e sobre todo, este ano queremos achegarnos a súa obra a través dos artistas que lle puxeron música aos seus poemas.

    Queremos facernos eco  de varias propostas da AELG:

         "Agasalla cun libro en galego e unha flor as amizades e a xente querida" non nos esquezamos de levalo a cabo.

        Teus doces cantares o lema que este ano se nós propon para traballar en torno ao Día de Rosalía. 

        Para colaborar con esta proposta vamos a deixarvos unha recompilación dalgúns dos seus Doces Cantares, que durante esta semana se escoitarán nas nosas aulas. 

        Invitamosvos a escoitalos e a celebrar con eles o DÍA DE ROSALÍA. 

 

 

 Relacionado con este Lema: A Pontiña quere saber....



 

 

domingo, 7 de febrero de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de Febreiro foi declarado pola ONU como o

 Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia:

 "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na cienca para as mulleres e as nenas e ademais lograr a igualdade de xénero e o emponderamento das mulleres e nenas"

 Para commemorar esta data propoñemosvos unhas pequenas actividades concentradas sobre todo en:

-Lecturas para compartir.

                                                  -Pequenos traballos de investigación e experimentación.  

 A continuación deixamosvos esta presentación donde recollemos recursos para traballar nas aulas e os traballos dos nos@s alumn@s

 

jueves, 21 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

 Como cada 30 de Xaneiro queremos recordarlle a toda a nosa comunidade educativa a importancia de vivir nun mundo de PAZ,pois consideramos que é un dereito da infancia e toda a humanidade.

O equipo da Biblioteca súmase o lema do noso centro, proposto polo equipo de convivencia: "A vacina do bo trato".  A violencia, como os virus, só produce víctimas; todos saímos perdendo cando estallan. Ademais, igual que pasa coas pandemias, é mellor previr que curar. Proponsenos que elaboremos entre todos  unha vacina de Paz e Bo Trato que nos protexa contra: a ira, a violencia, o abuso, a falta de respeto...

E como cada ano animamosvos a que pasedes polo corredor anexo a Biblioteca e revisedes os libros que vos propoñemos, en relación o Día da Paz, para que os subades as aulas e os traballedes  estes días cos nen@s.

Tamén vos deixamos a continuación un genially no que recollimos recursos que consideramos interesantes para traballar nesta data ou noutro momento do curso, pois a Paz é necesario traballala cada día para que sexa unha realidade.

Entre os cortos que incluímos está o de Sadako y las 1000 grullas de papel, por eso vos propoñemos como manualidade que fagamos grullas de papel nas que escribamos os nosos desexos.