MOITAS GRAZAS AXUDANTES!!! O curso acabou, o verán achégase..., é o momento de recompensar o traballo realizado. Iso tratamos de facer hoxe con este gran grupo de axudantes, que fixeron un traballo fantástico ao longo de todo o curso. Este esforzo foi fundamental para a biblioteca, está claro que sen o seu traballo desinteresado non poderíamos funcionar, a biblioteca sería un lugar sen vida Queremos aquí (en persoa xa o fixemos) mostrarvos gratitude, e desexar moita sorte aos encargados de sexto que comezan unha nova etapa, e aos de quinto animarvos a presentarse en setembro para formar un novo equipo de axudantes. Por todo iso, queridos mozos e mozas moitísimas grazas. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario