Como cada ano deixámosvos unha proposta de lecturas para o verán. (formato PDF)
Queremos darvos as grazas por acompañarnos durante todo este curso e desexarvos un bo verán!!!
Vémonos en setembro!!!
Como cada ano deixámosvos unha proposta de lecturas para o verán. (formato PDF)
Queremos darvos as grazas por acompañarnos durante todo este curso e desexarvos un bo verán!!!
Vémonos en setembro!!!
Un ano máis o alumnado de EI acompañado pola profe Marisa e as súas titoras fixeron dous bailes no patio para celebrar as Letras Galegas.
Este ano volvemos a repetir a Feira do libro co titulo "Un mundo de cores" sera os días 11 e 12 de xuño, e participará todo o cole. Ademáis do intercambio de libros, teremos contacontos, teatro de sombras, exposición de libros relacionados coa temática deste ano...
Estade moi atentos porque vos iremos deixando imaxes de como van indo os preparativos desta segunda Feira do libro do Ceip A Ponte.
O alumnado de 4º de EP levou a cabo dentro da materia de Proxecto Competencial un traballo de investigación sobre as tradicións galegas, que dividiron en varias fases ao longo dos tres trimestres e do que iremos dando conta no blog da biblioteca.
Aqui vos deixamos mostras do traballo que realizaron durante o curso:
Este ano en torno o mes do libro, xunto co equipo de EI do cole, puxemos en marcha esta actividade para as familias, que tivo moi boa acollida. Dende aquí queremos dar as gracias as mestras e as familias pola súa implicación.
As actividades que levamos a cabo para conmemorar este día foron as seguintes:
- "Dende Rosalía ata as cantareiras" espectáculo que une diversas técnicas, e pon en valor o legado das mulleres homenaxeadas polas letras galegas.
-Activiade promovia pola AMPA na que se trata de acercar as cantareiras e as pandereteiras ao alumnado.
-Danza na praza: o alumnado de 4º participou nesta actividade organizada a partir dun grupo de traballo intercentro do CEFORE de Ourense.ENLACE
O alumnado de 1º tivo a sorte de poder encontrarse con Eva Mejuto polo Libro "Dez gatiñas viaxeiras", podedes ver imaxes do encontro, picando no cartel.
Unha das actividades que levamos a cabo polo dia do libro e a dos apadriñamentos lectores.
Os maiores van a buscar aos seus afillados e lenlles un conto, nun dos patios o na biblioteca.
No ano dedicado ao teatro, o alumnado de 3º e 4º de EP leron duas obras de teatro de Raquel Castro: "A formiga fóra do carreiro" e as "Terapias da doutora Ledicia" e tivemos a gran sorte de poder contar con ela este mércores no cole.
Falou dos seus libros, respondeu as súas dúbidas, e representaron esceas dos dous libros.
Os nen@s de infantil conmemoraron o Día do Libro, bailando no patio a canción de Migallas "O libro Máxico".
Tamén nas aulas decoraron as portadas dos libros que dende o Aopio1 se traballaron durante este curso.
Durante a semana do libro, levamos a cabo nos recreos da biblioteca un obradoiro de marcapáxinas, que tiña como figura principal o Principiño
Como cada ano pola semana do libro, mostramosvos unha pequena mostra das novidades que tivemos este ano na biblioteca
Xa están aquí os vosos libros. Fixemos dous formatos, un en horizontal e outro vertical, para que se visen todos o mellor posible (fixemos unha nova actualización dos vídeos).
O 23 de abril celébrase o Día do Libro, dende o cole e a biblioteca vamos levar a cabo as seguintes actividades, das que vos iremos informando.
Co motivo do Día do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes un anuncio publicitario recomendando o voso libro favorito.
Sigue as instruccións que aparecen na imaxe e ANIMÁDEVOS a mandar o voso anuncio
Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e xuvenil e con él damos comezo as actividades que se van a realizar no centro en torno a esta data.
O lema deste ano: "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti"
Chega o mes de abril e ven cargado de actividades relacionadas co libro.
Esta semana tivemos no cole a Paco Nogueiras, grazas a subscrición a Kalandraka, que estivo co alumnado de EI e contoulles historias cheas de maxia e sons.
Durante o mes de Abril, antes de irnos de vacacións, vamos levar a cabo un obradoiro de ovos de pascua, empregando os recursos que temos na biblio de Polos creativos.( Podedes ver un resumo si clicades na imaxe)
Dentro do mes da muller, non queremos esquecernos das avoas..
O Xoves os nen@s de 1º e 2º de EP disfrutaron dun contacontos con David Rodríguez que lles contou o seu libro da Superavoa un homenaxe a todas aquelas avoas capaces de facer mis cousas á vez. ( pica na imaxe para ver mais fotos)
O xoves o alumnado de 6º recibiu a visita de Andrea García, autora do libro "Animais fantásticos de aldea". Durante a visita puideron coñecer un pouco máis a autora e descifrar unha mensaxe do libro. (picade na imaxe)
Este ano polo Día da Poesía organizaremos Contadas de Poesía, onde os maiores dende 4º ata 6º lles contaran poesías, contos rimados aos mais pequenos.
O Club de lectura do cole unese a actividade e eles tamén lles van ir ler poemas do libro "Os soños na Gaiola" aos pequenos. Preme na imaxe para ver máis imaxes.
Deixamosvos aquí o resultado da actividade proposta para as aulas para o Día da Muller.
Outras actividades feitas polas aulas en torno o Día da Muller:
Para celebrar o mes da muller, na biblio coa impresora 3D fixemos uns chaveiros co simbolo feminista e durante os recreos vamos decoralos.
Picade na imaxe
Este é o lema sobre o que queremos traballar o día da muller cos nos@s alumn@s durante estas semanas.
Esta sería a proposta de traballo que o equipo de biblioteca, de convivencia e de dinamización da lingua galega lle fixo aos nos@s compañeir@s.
Tamén vos deixamos o enlace a canción que se esta a preparar nas aulas para bailar e cantar neste día:
Dentro da semana na que vamos a traballar o Día da Muller baixo o lema "Camiñemos en Igualdade" queremos deixarvos un conto que grabaron e traballaron os alumn@s de 5ºB, que trata sobre a Igualdade: ( Picade nel)
Queremos deixar aquí o cartel dos nosos alumnos de 5º de Educación infantil co que gañaron o segundo premio da VIII edición do Concurso para deseñar o cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres da Xunta de Galicia. Este será o cartel que nos acompañe nestes días.
Parabéns aos gañadores!!!
O 11 de Febreiro celeébrase o "Día da muller e a nena na ciencia", para así recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
Para traballar esta data nas aulas e no centro, a biblioteca xunto cos outros equipos do cole, propuxolle aos compañeiros/as a realizacion de lecturas, a partir da selección das mesmas que está exposta no corredor anexo a antiga biblioteca, e pequenos traballos de investigación adaptados aos diferentes niveis e ciclos.
Infantil e 1ºde EP
Cada aula investigara sobre unha muller científica galega e elaborara un pequeno cartel no que se indique o nome desa muller e a súa contribución a ciencia.
2º e 3º de EP " A Pontiña quere saber sobre"
Pequeno traballo de investigacion sobre unha muller galega cientifica, que se plasmará en fichas informativas coas que se elaborararn murais que se exporan nos corredores, para compartir as historias e os logros de estas mulleres con todas a comunidade educativa.
4º, 5º e 6º de EP
Recompilar informvación sobre mulleres actuais destacadas no campo das ciencias, e ligo elaborar carteis informativos, expoñendo neles información sobre a vida e as contribucións destas científicas.