viernes, 23 de marzo de 2018

DÍA DÁS ARTES GALEGAS 2018


O próximo 1 de abril a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) dedicará o día dás Artes Galegas 2018 ao arquitecto Alejandro da Sota Martínez (Pontevedra 1913 - Madrid 1996). Un dos arquitectos que mais influíu na arquitectura española do século XX. O listado dos seus proxectos é interminable e como Pontevedrés que era,  esta é a obra que construíu na súa cidade natal.

-Casa Domínguez - Poio / Pontevedra (1973).
-Edificio Cale Riestra (Edificio Gondomar)- Pontevedra (1970).
-Pabellón dos deportes - Pontevedra (1965).
-Misión Biolóxica de Galicia - Salcedo / Pontevedra (1949).

"...gustoume sempre falar de arquitectura como divertimento; si non se fai alegremente non é arquitectura. Esta alegría é, precisamente, a arquitectura, a satisfacción que se sente. A emoción da arquitectura fai sorrir, dá risa. A vida non."
(FINDELBLOC ARQUITECTOS / BLOG) 

sábado, 17 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA, DÍA DA ÁRBORE, DÍA DA AUGA

Ilustración de Cosei Kawa
Día da Poesía, adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.




        Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademáis do simbolismo que  representan nas diferentes culturas.

·    Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.

· - Este linoit (panel de anuncios colaborativo) o fixeron na Aula de 6º B do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo (Culleredo)  

Día da poesía from Anxos bibliotequeira

- Como podemos reducir as inundacións, as secas e a contaminación do auga?
Usando as solucións que xa atopamos na natureza.

- As árbores e os bosques urbanos fan das nosas cidades lugares máis verdes, saudables e felices porque refrescan o aire, filtran as partículas contaminantes do aire e axudan a mitigar o cambio climático.

viernes, 2 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO



Malia que a igualdade entre xéneros e a non discriminación por razón de sexo sexan un dos principios esenciais na tarefa de educar, cando se achegan estas datas tan sinaladas non podemos pasar por alto dedicar un recordatorio a esta efemérides de tanta relevancia.

- Historia do Día da Muller. PICA
- Bibliografía comentada de 20 libros coeducativos escritos en galego e publicados desde 2005  (Montserrat Pena Presas).PICA
- LECTURAS PARA A IGUALDADE. lecturas que xiran arredor da igualdade de xénero. AQUÍ
- Álbum de mulleres. Centro de documentación dixital para divulgar e investigar as contribucións das mulleres á sociedade e cultura galegas.   PICA 
- Marabillosa campaña da igualdade promovida polo Goberno Vasco con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

- UNIDADES DIDACTICAS: EN IGUALDADE NIN UN PASO ATRÁS PICAR
LIBRO LIM PARA EDUCACIÓN INFANTIL AQUÍ
- LIBRO LIM PARA PRIMER CICLO AQUÍ
- LIBRO LIM PARA 2º E 3º CICLO PICAR
- Relación de recursos para traballar a coeducación, Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.PICAR
- WebQuest elaborada polo profesorado do Centro Público Nosa Señora dos Anxos (Murcia) AQUÍ