miércoles, 21 de diciembre de 2022

Recomendacións Lectoras polo Nadal

 Deixámosvos a continuación as nosas recomendacións en canto a libros e xogos para este Nadal 2022

Dende o centro queremosvos desexar a todos unhas Felices Festas e un Próspero Ani Novo


domingo, 18 de diciembre de 2022

Kamishibai de Nadal

 Como cada ano por estas datas a Biblioteca acolle os contacontos de Nadal

Este venres 16 de decembro  os nen@ de 4º A e B contáronlles aos máis pequenos do cole, aos de 3 e 4 anos, o Kamishibai "A Lenda da Árbore de Nadal"






Hoxe Luns tocoulle o turno os maiores  asi tivemos os seguintes contacontos co Kamishibai:
"O Apalpador"





"Conto de Nadal"








martes, 29 de noviembre de 2022

3 Decembro: DIA DA DISCAPACIDADE

Para conmemorar o día das diferentes capacidades que temos cada un, dende o equipo da biblioteca, propoñemosvos que pasedes polo corredor anexo a biblioteca donde temos unha exposición temática, que podedes levar as aulas, para traballar cos vosos alumnos/as. Tamén vos deixamos a continuación, un genially cunha recompilación de contos e cortos para que os visionedes, ben na aula ou os nenos/as dende a casa.

viernes, 18 de noviembre de 2022

25 de Novembro: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Durante este mes de Novembro leváronse a cabo no centro obradoiros en torno o tema da   Igualdade, e a Non Violencia de Xenero, polo que o equipo da Biblioteca, decidiu que participábamos nestes obradoiros como apoio bibliográfico as actividades que xurdisen nas aulas.


Nos recreo levamos a cabo un pequeno obradoiro cos neno@s que estaban na biblioteca:




jueves, 3 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

O mes de novembro celébrase o MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA.

Este mes vai estar cheo de experimentos, lecturas científicas, retos e xogos, na biblioteca e nas aulas.

Dende a biblioteca, xunto co EDLG, organizaremos un obradoiro de "Circuitos eléctricos en papel" e propondremos a realización aos alumnos de pequenos experimentos.




Manifesto de Jose Tubío

martes, 1 de noviembre de 2022

Lendas polo Samain e o Magosto

 Unha das actividades que nos propuxemos traballar durante Samain foi o tema das Lendas!

Queríamos que os nenos/as soubesen que é unha lenda e qu buscasen lendas desta época do ano e que as contaran aos seus compañeiros!!!!

Pronto vos deixarmos un exemplo das Lendas coa grabación dos seus contos!.

jueves, 27 de octubre de 2022

O Samain

 Esta semana celebramos o Samain no cole e a biblioteca participa nesta celebración con actividades relacionadas coa lectura e a escritura.

Este é o noso cartel coas actividades programadas:

           


Contacontos na Biblio.

 

Deixámosvos a nosa Selección de Lecturas para asustar o medo:



Escornabots na biblioteca


 








lunes, 24 de octubre de 2022

DIA DAS BIBLIOTECAS


 Hoxe 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas, baixo o lema BiblioTEcuida



No cole para celebralo fixemos un taller de chapas dende 1º ata 6º de EP. Os maiores fixeron un debuxo libre na súas chapas relacionado coas bibliotecas ou escribiron palabras en galego. Os máis pequenos decoraron a nosa Pontiña.


Tamén comezaron a funcionar as Mochilas viaxeiras dende 4 anos de EI  ata 4º de EP. E tamén puxemos en marcha as bolsas viaxeiras para 3 anos.

miércoles, 12 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 O luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

 O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”. 

 

Nesta data dende a Bibliopontiña propoñemos dar a coñecer a obra de escritoras galegas, a través de pequenas actividades que nos acerquen a elas.

As actividades que propomos son as seguintes 



Os pequenos traballaron contos de Marisa Nuñez, e coñeceron un pouco mais a esta autora.


O alumnos/as do 1º ciclo traballaron o conto "Maruxa" de Eva Mejuto, e aprederon un pouco da súa vida.


O segundo  ciclo traballou polo Día das escritoras a: Fina Casalderrey. Buscaron información sobre esta autora, leron a través da plataforma dixital Elbe2 o libro "Lingua Guapa. Cantos que contan", traballaron algún dos poemas e debuxaron o que lles transmitía. Tamén visionaron a curta "A orixe da nosa lingua guapa"

Esquema do traballo (clica para velo)


Os nen@s de terceiro tamén traballaron a Fina Casalderrey e reproduciron as imaxes das portadas dalgúns dos seus libros.




martes, 21 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022

 Un verán mais deixamosvos as nosas recomendacións lectoras e de xogos para o verán.

BOAS VACACIÓNS A TOD@S (premer na imaxe)



jueves, 2 de junio de 2022

Enquisas Avaliación 2020-2022

 Deixamosvos a continuación as Enquisas de avaliación do funcionamento da biblioteca para o alumnado e para o profesorado

ENQUISA ALUMNOS/AS

ENQUISA PROFESORADO

Moitas gracias pola vosa colaboración 

jueves, 12 de mayo de 2022

Kahoot!! e Robots Letras Galegas 2022

 

Para traballar tamén de forma máis lúdica a vida e a obra deste autor elaboramos uns taboleiros para o Escornabot e os outros robots que temos na biblioteca.


 

miércoles, 11 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS

 A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa defensa do noso idioma e a nosa cultura.

Deixámosvos unha serie de recursos que podedes empregar para traballar estes días, en torno  figura deste poeta valdeorrés, que escribiu  poesia dedicada a súa terra e a reinvidicar o noso idioma e a nosa cultura.

SEMINARIO GALAN 

PRIMAVERA DAS LETRAS 

Hector Cajaraville autor do libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", fálanos no seguinte vídeo sobre este poeta.

 

Raúl Diz, compoñente do grupo "Os Amigos dos Musicos" Lanza un EP con cinco cancións as que lle pon música a cinco poemas Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 – Fair Oaks, 1987), autor ao que se lle dedica neste 2022 o Día das Letras Galegas. 'De Córgomo a Fair Oaks' é o título baixo o que se presentan unhas cancións que viaxan, como fixo o poeta, dende terras galegas ata América. "Ao reiseñor", a canción que abre o álbum, é un poema de 1923 que permaneceu inédito ata 1999. Os outros catro poemas adaptados: "Liorta", "Miudezas". "Matanza", "Dores do agro" e "Aí vén o maio", pertencen á obra 'Bebedeira', publicada pola Editorial Nós en 1934. O álbum está editado por Todomedre e forma parte do catálogo da plataforma de difusión cultural galega A Regueifa 2.0.

Deixámosvos os enlaces para que os poidades escoitar cos vosos alumnos e eles nas súas casas.

 


 

viernes, 22 de abril de 2022

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Comezamos coas actividades en torno ao Día do libro

Contacontos de  Paco Nogueiras:

Unha actividades de contacontos, que como cada ano fixo felices aos nenos e nenas de 1º e 2º EP, e aos non tan nenos!


FEIRA DO LIBRO: Como cada ano organizamos a nosa Feira do libro, coas novidades  que adquirimos. Os nenos/as acercaronse a visitala acompañados dos seus titores.

O LIBRO MÁXICO: Os nenos de 5 anos A/B bailan o ritmo desta canción de Migallas.

 

Obradoiro de Marcapáxinas:

GÚSTAME PORQUE... 

Os nenos e nenas de 4 anosA cóntanos cales son os libros que mais lle gustan

 


 

 CARTEIS COAS VOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS:

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS:

 

Hecho con Padlet

domingo, 3 de abril de 2022

ABRIL MES DOS LIBROS

Chegou Abril e con el, o Mes dos Libros por excelencia. Neste mes temos dúas conmemoracións moi importantes:

    2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil.

    23 de Abril: Día Internacional do Libro.

Nesta entrada vamos ir colgando as actividades que vamos a propoñer aos nosos compañeiros e compañeiras para celebrar este mes.

Comezamos cunha proposta de recomendacións de lecturas para cada día deste mes:

lunes, 21 de marzo de 2022

21 de Marzo Día da Poesía

 O 21 de marzo conmemoramos o día da poesía e queremos celebralo léndoa e recomendando lecturas para as aulas.


Propoñemosvos celebrar o Día da Poesia de diferentes formas: lendo poesía, creando poemas, decorando poemas, reescribindo poemas, con claigramas, haikus, tautogramas...

                                                       Vamos crear POESÍA


Os nenos/as de 3º B dedicaron o día da Poesía a Rosalía e fixeron este video; recitando e debuxando os poemas de Rosalía


 

Deixamosvos a continuación unha pequena mostra das nosas pequenas creacions de poesía.







miércoles, 23 de febrero de 2022

DIA DE ROSALÍA

      Hoxe 23 de Febreiro conmemoramos o Dia de Rosalía, poeta de referencia da nosa língua e da nosa literatura.

      Neste ano 2022 a AELG, propón celebrar o Día de Rosalía baixo o lema de #Sementade Pensamentos. Dende a bibliotecas animámosvos a Ler a Rosalía, reflexionar sobre a súa poesía e lembrala.

 Tampouco nos queremos esquecer de apoiar a iniciativa de "Agasallar cun libro na nosa língua  e unha flor". Neste caso agasallouse a cada aula cun pensamento en recordo deste día.


Tamén decoramos a exposición de libros de Rosalía con Pensamentos.

O Kamishibai de Rosalía circoluo polas aulas para contarlle aos nenos a vida e a obra de Rosalía.

E a nosa Pontiña animounos a coñecer a Rosalía e Sementar Pensamentos:




sábado, 19 de febrero de 2022

SALVEMOS O PLANETA

 SALVEMOS O PLANETA

Este ano o tema do Entroido xirará  en torno o tema de Salvar o Planeta, e a nosa mascota Pontiña proponnos  que traballemos e investigemos sobre os  problemas medioambientais.