viernes, 20 de junio de 2014

PONTIÑA RECOMENDA PARA O VERÁN



Coa chegada do verán esperamos que a maxia da lectura non se desvaneza, senón que se multiplique.
O fin de curso(e dos deberes...), pode ser a escusa perfecta para ler mais libros ou comezar a lelos, por iso, querémosche ofrecer unhas recomendacións, e  recordarche visitar as bibliotecas públicas, onde os prazos de prestamos son bastante amplos e tamén podes atopar novidades.

 
 - Si queredes máis, consulta na Rede Lectura, Compartindo Libros e Lecturas.Pica Aquí
- Tamén podedes disfrutar da lectura do noso Xornal Escolar "A Fume De Carozo" Picando aquí
 
 
 

GRAZAS AOS NOSOS E AS NOSAS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.



MOITAS GRAZAS AXUDANTES!!!

O curso acabou,  o verán achégase..., é o momento de recompensar o traballo realizado.
Iso tratamos de facer hoxe con este gran grupo de axudantes, que fixeron un traballo fantástico ao longo de todo o curso. Este esforzo foi fundamental para a biblioteca, está claro que sen o seu traballo desinteresado non poderíamos funcionar, a biblioteca sería un lugar sen vida
Queremos aquí (en persoa xa o fixemos) mostrarvos gratitude, e desexar moita sorte aos encargados de sexto que comezan unha nova etapa, e aos de quinto animarvos a presentarse en setembro para formar un novo equipo de axudantes.

Por todo iso, queridos mozos e mozas moitísimas grazas.