miércoles, 18 de mayo de 2016

18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.


A comunidade museística mundial celebrará o Día Internacional dos Museos o 18 de maio de 2016.
O tema do Día Internacional dos Museos do 2016 será Museos e Paisaxes Culturais.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar ao público sobre o feito de que "Os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos". 
O Día Internacional dos Museos reúne cada vez máis museos en todo o mundo. En 2014 máis de 35 000 museos de 145 países participaron no evento.




- Achégate ao Día dos Museos en Ourense. AQUÍ

- Video realizado para a exposición do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense "ALICERCES. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX" 2015-2016.PICA

lunes, 9 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2015. MANUEL MARÍA


A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Este ano o autor homenaxeado, é Manuel María.
Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.

 
Como todos os anos, e con motivo deste día, tan celebrado sempre por nós, celebraremos o Festival das Letras Galega, haberá cancións, bailes, representacións teatrais e por suposto recitaremos as poesías de Manuel María.
 
- Especial Letras Galegas 2016 da Coordinadora de ENDL PICA, nesta páxina podedes atopar información sobre a vida e obra de Manuel María, ademais dun bo número de estupendos recursos.
- Tamén podes picar na barra lateral dereita, o gadget de Manuel Maria leváseche á interesantísima  páxina da súa casa-museo.

lunes, 2 de mayo de 2016

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2016 PARA LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ


O noso parabén para Ledicia Costas Álvarez, que este ano é a galardoada co Premio dos Clubs De Lectura 2016, este premio recoñécea como a autora galega máis lida ,este curso, nos Clubs de Lectura do ámbito educativo.

Felicidades Ledicia !!!

Se picas  AQUÍ poderás visitar a nosa entradas sobre Ledicia por recibir o Premio Nacional De Literatura Infantil E Xuvenil e, tamén a visita que nos fixo o colexio.