jueves, 27 de octubre de 2022

O Samain

 Esta semana celebramos o Samain no cole e a biblioteca participa nesta celebración con actividades relacionadas coa lectura e a escritura.

Este é o noso cartel coas actividades programadas:

           


Contacontos na Biblio.

 

Deixámosvos a nosa Selección de Lecturas para asustar o medo:



Escornabots na biblioteca


 








lunes, 24 de octubre de 2022

DIA DAS BIBLIOTECAS


 Hoxe 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas, baixo o lema BiblioTEcuida



No cole para celebralo fixemos un taller de chapas dende 1º ata 6º de EP. Os maiores fixeron un debuxo libre na súas chapas relacionado coas bibliotecas ou escribiron palabras en galego. Os máis pequenos decoraron a nosa Pontiña.


Tamén comezaron a funcionar as Mochilas viaxeiras dende 4 anos de EI  ata 4º de EP. E tamén puxemos en marcha as bolsas viaxeiras para 3 anos.

miércoles, 12 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 O luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

 O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”. 

 

Nesta data dende a Bibliopontiña propoñemos dar a coñecer a obra de escritoras galegas, a través de pequenas actividades que nos acerquen a elas.

As actividades que propomos son as seguintes 



Os pequenos traballaron contos de Marisa Nuñez, e coñeceron un pouco mais a esta autora.


O alumnos/as do 1º ciclo traballaron o conto "Maruxa" de Eva Mejuto, e aprederon un pouco da súa vida.


O segundo  ciclo traballou polo Día das escritoras a: Fina Casalderrey. Buscaron información sobre esta autora, leron a través da plataforma dixital Elbe2 o libro "Lingua Guapa. Cantos que contan", traballaron algún dos poemas e debuxaron o que lles transmitía. Tamén visionaron a curta "A orixe da nosa lingua guapa"

Esquema do traballo (clica para velo)


Os nen@s de terceiro tamén traballaron a Fina Casalderrey e reproduciron as imaxes das portadas dalgúns dos seus libros.