viernes, 29 de marzo de 2019

ABRIL MES DOS LIBROS

No cole, como todos os anos, o mes de abril dedicámolo dunha forma moi especial aos libros. Comezamos desde o día 2 co Día Internacional do Libro Infantil e continuamos ata finais do mes celebrando o 23 de abril o Día do Libro. Durante todo o mes iremos poñendo as actividades que vaiamos realizar.


- FEIRA DE NOVIDADES


CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

- Unha das nosas actividades preferidas. Os nosos padriños e madriñas lectores escolleron os seus libros preferidos e léronllos aos seus atentos afillados.
CEIP "A PONTE"-OURENSE by Slidely Slideshow

-  Unha contacontos moi especial visitounos o día 24, chámase Elisa Maneiro e tróuxonos o seu libro "A fórmula da Felicidade". A través da súa divertida historia sabemos a fórmula da felicidade ...ser positivos, aprender do noso erros para ser mellores, e comprender que as nosas emocións teñen as súas funcións.
Elisa grazas polo teu libro, pasámonolo xenial.




- Todos os recreos sacamos os libros ao patio, pero durante esta semana a variedade de libros que escollemos é moito maior, e tamén é maior a festa que se organiza ao redor deles. 



- Dentro de Encontros co Autor o alumnado de 4º,5ºe 6º recibimos unha interesante  visita, a de  Hector  Cajaraville.
Podes picar  AQUI ou ir ao noso  gadget da barra lateral esquerda "Encontros co Autor"








Día Internacional do Libro Infantil 2019: Os libros inspiran pausa.

Desde o 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil con esta iniciativa preténdese familiarizar aos nenos e as nenas de todas as idades co mundo do libro, e con iso mellorar o hábito da lectura.
Cada ano, un país ten a oportunidade de ser patrocinador internacional do Día do Libro Infantil e selecciona, un escritor e un ilustrador nacionais, para que elaboran a mensaxe dirixida a todos os nenos, e o cartel que se distribúe por todo o mundo, así como a celebración nas bibliotecas, centros escolares, ou librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Lituania, que difunde a mensaxe e a ilustración de Kę stutis Kasparavič ius.
 - Folleto, con información adicional sobre o autor e o ilustrador.

miércoles, 27 de marzo de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


Na edición 2019 do Día das Artes Galegas, que se celebrará como todos os anos o 1 de abril, A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) escolleuse a Luís Seoane (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), como figura homenaxeada.
Seoane sucede ao Mestre Mateo (2015), Castelao (2016), Maruxa Mallo (2017) e Alejandro de la Sota (2018). Con este recoñecemento, a Academia busca afondar nas múltiples facetas do artista.
A institución destaca a Luís Seoane como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor foi "esencial no Laboratorio de Formas e na creación dunha nova imaxe de Galicia baseada na interacción tradición-innovación a través das industrias da memoria, como Sargadelos ou O Castro".

- Biografía e obras de Luís Seoane desde "Fundación Luís Seoane". AQUÍ

viernes, 15 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA, DÍA DA ÁRBORE, DÍA DA AUGA

Con este poema de tagore queremos darlle a benvida á primavera...


O 21 de marzo é ou Día Mundial dá Poesía e o Día Internacional dous Bosques, e o día seguinte o 22 de marzo é o Día Mundial dá auga. Para levar a cabo unha celebración conxunta, a nosa biblioteca viu como brotan de árbores  poemas  xunto a libros sobre bosques. 

O Día Mundial da Poesía, proposto en 1999 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo ( equinoccio de primavera, no Hemisferio Setentrional). A Real Academia Galega homenaxeará no Día Mundial dá Poesía, a Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935), un dous grandes nomes dá xeración dous anos 50.

- Góstanos este “ Adeus” mariñeiro escrito por Salvador García- Bodaño, musicado por Aurichu Pereira e interpretado por Miro Casabella.


Tamén se celebra en todo o mundo o Día Internacional dos Bosques, un evento ideado pola ONU (Organización das Nacións Unidas) para poñer de relevo a importancia das áreas forestais do planeta.

- A seguinte curtametraxe de Andres Victorero "Corpos arbóreos" foi galardoada co premio "Eugenio Tutor" ó mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.
Esta curta, relátanos 9 historias sobre árbores senlleiras de Galicia, no las contan xentes das comarcas onde se ubican e especialistas en historia botánica.
Amósanos a importancia das masas arboradas que hai no país e a súa influencia na nosa historia, costumes e tradicións.

Corpos arbóreos from Andres Victorero on Vimeo.


O 22 celébrase anualmente o Día Mundial da auga como un medio de chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a defensa da xestión sustentable dos recursos de auga doce.
Cada ano, destaca un aspecto particular relacionado coa auga. O tema deste ano é "Non deixar a ninguén atrás". Trátase dunha adaptación da promesa central da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable: todo o mundo debe beneficiarse do progreso do desenvolvemento sustentable
- A auga é un dereito, non un privilexio. 2.4 millóns de nenos en Somalia necesitan con urxencia auga potable. A súa vida depende diso. 



lunes, 4 de marzo de 2019

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Cartel apoiado na ilustración do libro de Anthony Browne "O libro dos porcos"
No noso colexio queremos conseguir que o noso alumnado acade unha conciencia firme dá igualdade entre homes e mulleres, en todos os ámbitos dá vida e así conseguir unha sociedade máis xusta.
O tema elixido para o Día Internacional da Muller 2019, que se celebrará o 8 de marzo, é “Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio”. Este tema centrarase en formas innovadoras nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso aos servizos públicos e a infraestrutura sustentable.
O Día Internacional da Muller é unha data que se celebra en moitos países do mundo. Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo moi separadas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.


O libro dos porcos  bibliobeade

- Se premes  AQUÍ verás una guía de lectura moi completa
-