lunes, 29 de abril de 2024

Sabela Gago no cole

 Hoxe estivo no cole Sabela Gago co alumnado de 1º de EP.

Foi de novo un pracer, poder disfrutar dun conto da man de Sabela Gago.

Grazas a editorial SM por poder facer posible este contacontos

sábado, 27 de abril de 2024

Encontro con Jorge Campos

 O venres o alumnado de 2ºA/B mantivo un encontro con Jorge Campos coa súa obra o "Capitán Lentella".

Pasaron un rato moi divertido e quedaronse en ver co segudo libro do "Capitan Lentella" que pronto sairá.



Apadriñamentos Lectores

 Esta semana  os maiores do cole facian de padriños e madriñas lectores/as para os pequenos deixámosvos a continuación unha mostra desta actividade









lunes, 22 de abril de 2024

BOOKFACE

 Unha das actividades que se propuxeron foi a de realizar un BOOKFACE para celebrar o Día do Libro 2024

Aquí tedes as imaxes que nos fuchedes enviando:



domingo, 21 de abril de 2024

Semana do Libro

 O 23 de Abril celébrase o Día do Libro, e dende o cole e a biblioteca, van se levar a cabo diferentes actividades para conmemorar esta data. Iremos colgando imaxes das actividades que se programaron.





lunes, 8 de abril de 2024

Encontro con: Leticia Barbadillo

 Hoxe o alumnado de 5º EP  disfurtou dun encontro coa gañadora do Premio Merlin 2023: Leticia Barbadillo pola súa obra "A Botella de Lentellas".

A autora explicounos como foi creando as historias das lentellas que se contaban neste libro.


 

 


jueves, 4 de abril de 2024

BOOKFACE

 Co motivo da celebración do Día do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes o voso propio e orixinal BOOKFACE

Sigue as instruccións que aparecen nesta imaxe e manda a tua foto á seguinte dirección de correo:

aponte.nenasnenos@gmail.com 

O prazo de presentación é do: 5 ao 19 de abril de 2024

Amimádevos e mandade a vosa foto, pasaredes un rato moi divertido durante o proceso.

Podedes ver exemplos nesta páxina de Pinterest