martes, 28 de abril de 2026
miércoles, 22 de abril de 2026
Día do Libro
HOxe 23 de abril celebrase o Día do Libro. Queremos compartir convosco o cartel que dende a conselleria de educación ciencia, Universidades e Formación Profesional editouse para conmemorar esta data.
sábado, 11 de abril de 2026
Encontro con... Paula Carballeira
O venres o alumnado de 6º tivo a sorte de poder ter un encontro con Paula Carballeira, co libro "Que cabe nun calcetin?
Que collera dentro de un calcetín?.... Todo o que poidas imaxinar.
Pica na imaxe para ver un pequeno video do encontro.
lunes, 6 de abril de 2026
Actividade para o Dia do Libro
Para celebrar o Dia do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes un:
Knolling Literario: que consiste en mostrar un libro acompañado de obxectos que definan a historia, colocado de xeito ordenado.
Seguide as instruccións que aparecen nas seguintes imaxes e manda a túa foto ou presentación a seguinte dirección de correo:
aponte.nenasnenos@gmail.com
O prazo de presentación é ata o 17 de abril
Animadevos, mandade a vosa foto, e disfrutade do proceso.
Un saúdo boas vacacións
miércoles, 1 de abril de 2026
2 de Abril: Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Como cada ano o IBBY celebra o Día Internacional do libro infantil e xuvenil co obxectivo de inspirar o amor pola lectura e poñer en valor os libros para a infancia e a mocidade, este ano baixo o lema:
Planta historias e o mundo florecerá!
Neste 2026, a sección do IBBY de Chipre preparou unha mensaxe centrada no poder da imaxinación e a lectura como ponte entre culturas.
viernes, 27 de marzo de 2026
Lemos poesía a....
Para celebrar o Dia da Poesía e uníndoo ao noso tema deste ano "Os oficios tradicionais galegos", os nenos e nenas do club de lectura e voluntarios da biblio foron ler poemas de oficios ás aulas do 1º ciclo.
Pica na imaxe para ver o noso video desta xornada
Os poemas que leron estaban dentro deste precioso libro de poemas de Concha Blanco.
jueves, 26 de marzo de 2026
Dia da Poesía: Escritura creativa
Para o Día da Poesía dende a biblioteca propomos estas actividades:
Aquí tedes unha mostra das actividades que fixeron nas aulas:
Os de 5 anos crearon acrosticos para o seu oficio: Zoqueiros:
Os alumnos de 3º crearon este rap dos oficios tradicionais galegos:
O de 6º crearon este rap para o seu oficio de carpinteiros:
martes, 10 de marzo de 2026
Encontro con: Éria Esmorís
Hoxe na Biblioteca os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron a sorte de poder compartir un ratiño con Érica Esmorís. Leron os libros de "Patio de Luces" e "Esta é a miña historia e teras que crela"
Toca na imaxe
miércoles, 4 de marzo de 2026
Dia Da Muller e Semana da Prensa: "Antes invisibles agora referentes"
O 8 de marzo celebrase o DIA DA MULLER.
Este ano e en relación co proxecto da biblioteca "Os oficios tradicionais galegos" queremos visibilizar e por en valor o papel fundamental das mulleres nestes oficios que son parte fundamental da economía da nosa terra.
Ademáis queremos aproveitar a semana da prensa para empregar o xornalismo para dar voz, investigar e converter en protagonistas a quen antes era "Invisible".
Aqui tedes unha mostra dos traballos das aulas
-Os nen@s de 5 anos traballaron a Elena Ferro e dedicaronlle a primeira plana do xornal "A voz da Ponte": Zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía.
-Os alumn@s de 1º investigaron sobre Purificación García: diseñadora de moda galega
Os alumnado de 3º e 4º investigaron o pasado e o presente de oficios de mulleres e fixeron duas revistas:
O alumnado de 6º A uniu as profesións de mulleres coa grabación de podcast e noticias sobre as mesmas e os seus oficios:
lunes, 2 de marzo de 2026
lunes, 23 de febrero de 2026
Día de Rosalía de Castro
O luns 23 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro. O seu amor por Galicia, converteuna nun símbolo da nosa terra. Durante esta semana, coñeceremos mais sobre a súa vida e a súa obra.
Estade moi atentos a esta publicación.
Ademáis, na hora de ler desta semana recitaremos poesías de Rosalía.
sábado, 21 de febrero de 2026
jueves, 5 de febrero de 2026
Lecturas Compartidas polo Día da Paz:
"O que non lle gusta a guerra" é un album ilustrado de Ximo Abadia, que nos conta todo o que a guerra non soporta:
-A Paz.-A alegría e o amor: todo o que trae felicidad.
-Os xogos infantís e a música.
-A liberdade: o poder de decidir.
-A memoria.
Pica en la imagen para ver esta actividad
Este conto foi o elexido para que o alumnado voluntario da biblio e pertencentes ao Club de lectura de 6º llo contara aos nenos e nenas de E.I. nas nosas Contadas pola PAZ.
lunes, 2 de febrero de 2026
Dia da Muller e a Nena na Ciencia
Un ano mais dende a Bibliopontiña propomos celebrar esta data para visibilizar o traballo de moitas mulleres e coñecer as dificultades que atoparon no seu camiño.
Seleccionamos lecturas que pomos a disposición dos compañeiros/as e do alumnado para os seus traballos e propomos actividades:
viernes, 30 de enero de 2026
Obradoiro do mes de Febreiro: Celebrando a amizade
Durante este mes de febreiro, nos recreos da biblioteca imos realizar un obradoiro sinxelo de bordado de corazóns.
O introducimos este mes porque consideramos que o bordado é unha actividade lenta, compartida, paciente e colaborativa ao igual ca amizade que se construe puntada a puntada con tempo, coidado e dedicación.
Se tocades na imaxe podedes ver un vídeo do noso pequeno obradoiro
lunes, 26 de enero de 2026
30 de Xaneiro día da Ilustracion
RETO DIA DA PAZ
No cole recibimos a seguinte proposta para o Día da Paz, dende o CEIP Concepción Arenal de A Coruña
Recollimos a proposta:
E hoxe nas aulas recibimos as vosas pombas e cartas:
GRAZAS
lunes, 19 de enero de 2026
Obradoiro Xaneiro na biblioteca polos 21 Dias co Galego
Dende a Biblioteca sumámonos a actividade dos 21 Dias co galego, propondo neste mes un obradoiro de xogos de mesa en galego.
viernes, 16 de enero de 2026
21 dias co galego e mais e Proxecto de Biblioteca
Hoxe damos comezo aos 21 Días co Galego. Un proxecto que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral de galego dentro da comunidade educativa.
E ao mesmo tempo da comezo o noso proxecto deste curso"Os Oficios Tradicionais Galegos" co que pretendemos que o noso alumnado coñeza e valore os oficios tradicionais galegos como parte do noso patrimonio cultural.






.jpg)




























.jpg)












