viernes, 26 de mayo de 2023

I FEIRA DO LIBRO DO COLE

 Hoxe comezou a nosa I Feira do Libro do cole de A Ponte. Os nenos/as dende 3º ata 6º puideron disfrutar de unha maña chea de contos, de poesía, de música e da visita dunha pesrsoa moi especial que xa estivo no noso cole: Charo Golmar.

Grazas a todos e todas os que  fixestes posible celebrar esta Feira. 

2º Día da Feira do Libro:

 1º Día de Feira do Libro


 Xa estamos preparados:

 

Rap da I Feira do Libro do Cole de A Ponte:

   

 Sección de Libros Curiosos na Feira do Libro:

Preparándonos:


 Os nosos alumnos e alumnas son uns artistas e crearon este poema para festexar a I Feira do Libro


Como vedes esto comeza a coller forma:


 

Encontro con: Miguel Anxo Alonso DIz

 O venres os alumnos e alumnas de 4º de EP puideron disfrutar dun encontro co escritor Miguel Anxo Alonso Diz, despois de ler seu libro "Instrucións para ler un libro"

 Foi un pracer contar con Miguel Anxo Alonso Diz, na nosa biblioteca.

 



jueves, 25 de mayo de 2023

Encontro con: Érica Esmorís

  Hoxe os nen@s de 3º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Érica Esmoris, que nos veu a falar de do seu libro: "Patio de Luces".

Os nosos alumnos/as  pasaron un rato estupendo, disfrutaron coa presentación do libros que nos fixo Érica, e agasallárona coas ilustracións que eles mesmos fixeron do libro.


 

sábado, 13 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 O Días das Letras Galegas de 2023 está adicado a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá 1913-Vigo 2010)

 

Francisco Fernández del Riego foi un ensaísta, narrador e editor galego. Traballou incansable a prol da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo proxectos que fixeron medrar o país. 

Dedícaselle o Día das Letras Galegas, 60 anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.

A continuación deixámosvos unha serie de enlaces para que coñezades un pouco mais ó autor homenaxeado este ano:

https://academia.gal/inicio

https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego

https://www.youtube.com/playlist?list=PL2zWGrwz62bbS2QdsB3Blb5OXkLdjECz_

https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego/palabras

https://www.youtube.com/watch?v=jxvn39e-2a4

 

 

 


 

 

jueves, 4 de mayo de 2023

Encontro con : Ramón D. Veiga

 

  Hoxe os nen@s de 2º de EP tiveron a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Ramón D. Veiga, que nos veu a falar de do seu libro: "Meigas Fóra".

Todos pasaron un rato estupendo, e desde aquí queremos darlle as grazas a Ramón D. Veiga por vir ao no noso cole.