jueves, 22 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

 

Preme na nosa imaxe para escoitar a poesía proposta pola AELG para traballar nos centros educativos.

 

Como cada ano celebramos o Día de Rosalía sumándonos ás propostas do EDLG e propondo actividades para o alumando. Aqui podedes ver as actividades que vamos  a realizar durante esta semana, tanto nas aulas como nos recreos da biblioteca. (Agradecemos  a outras contas e profesionais que comparten o seu traballo desinteresadamente para que o poidamos empregar).

E para esta semana xa temos todo preparado para comezar a traballar

O amor pola patria galega:

Kamishibai para o alunnado de 1º a 4º de EP.


Poesía de Rosalía


Rosalia nos recreos: pica na imaxe e veras que ben o fixeron.



viernes, 16 de febrero de 2024

Dia da Muller e a nena na ciencia

Dende a Biblioteca e dende o centro traballamos esta data para visibilizar o traballo das mulleres na área científica e coñecer as dificultades  que atopan.

Como este ano coincidiu co entroido pensamos en alargar esta celebración o mes de febreiro.

As actividades que levaremos a cabo son as seguintes:

Selección de lecturas, expostas no corredor anexo a biblioteca:

Saída a Exxperimenta en Feminino: Podedes ver as fotos clicando na imaxe

 

Escornabot: Pasado e Presente da Muller na Ciencia:


 

viernes, 9 de febrero de 2024

Entroido creativo

 Ourense é terra de entroido por iso queriamos aproveitar o xogo para que o alumnado coñeza de forma creativa as nosas tradicións.

Contruimos dous taboleiros: un para EI (beebot) e outro para EP (escornabot). Aproveitamos o xogo dos bolechas de Pepe Carreiro e as súas mascaras e contruimos o noso propio xogo.

En EI tiñan un taboleiro coas mascaras propios do entroido (as máis próximas) e un dado. Tirando o dado saía unha mascara e os nenos/as tiñan que intentar adiviñar de donde era e levar o beebot ata ela.

En EP o taboleiro tiña un mapa da provincia e ao redor colocamos as máscaras do  xogo dos Bolechas, tamén tiñamos dous dados, un coas figuras e outro de xogo . Tiñan que tirar os dous dados e colocarse na máscara que corresponda. Sobre ela tiñan un código QR no que visionaban un vídeo e tiñan que averiguar a que lugar pertencia esa mascara, e levar o escornabot a ese lugar

O xogo en primaria ía cambiando en función das idades dos nenos e nenas, os maiores podían facer uso dos ordenadores para buscar a información que lles fixera falta para poder chegar antes.

O xogo estará na biblioteca ata o Domingo de Piñata.

Pica no cartel e veras máis fotos