miércoles, 13 de mayo de 2020

Bibliografía de e sobre Ricardo Carvalho Calero


A continuación deixámosvos un vídeo con bibliografia actualizada sobre Ricardo Carvalho Calero e tamén algún dos seus libros.


lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO


Naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en Santiago en 1990. Crítico literario, filólogo, historiador da literatura galega, lingüista, literato, cunha extensa obra de poesía, narrativa e teatro, ademais foi o  primeiro Catedrático da Língua e Literatura Galega da universidade  de Compostela. Foi membro de Seminario de Estudos galegos, da Real Academia Galega, da Associación Galega da Lingua e está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma  é unha variente da língua galega.

Carvalho Calero dedicou a súa vida a dignificar o IDIOMA E A CULTURA GALEGAS.

Para coñecer mais sobre este autor clicade nos seguintes enlaces con recursos moi interesantes:

Dende o Colexio San Pío X de Ourense os nenos/as de 5º fixeron este video coa vida e obra do autor:



Podedes escoitar este relato que leva por título "As pitas baixo a choiva" do que vos deixamos dúas versions:

1. Vídeo do conto:



2.  E o conto con música:

 

Para seguir traballando este conto e facer actividades sobre o mesmo entra no seguinte ENLACE 


Demostra o que sabes sobre o autor xogando cos seguinte xogos:

Ruleta de preguntas sobre a vida e a obra do autor homenaxeado

Xogo de retos sobre Ricardo Carvalho Calero



Don Ricardo, o xogo


domingo, 10 de mayo de 2020

Grazas polas vosas aportacións para celebrar o Día do Libro 2020

Ola a todos e todas!!!! A pontiña e as súas axudantes queren darvos as GRAZAS polas vosos vídeos, audios, e fotos que enviáchedes para celebrar o Día do Libro.
Na marxe dreita do blog, xa podedes ver as novas seccións e ver as imaxes, as recomendacións e os apadriñamentos virtuais que nós fixechedes chegar.
Esperamos que vos gusten!!!
Grazas  a tod@s

martes, 5 de mayo de 2020

Novo conto de Sabela Gago

Hoxe Sabela Gago agasállanos co conto:  "Dez xoaniñas" do libro de Xoán Babarro "Dez eran dez".

Despois de escoitar o conto, estade atentos ao outro vídeo,  no que nos propón unha actividade  moi chula para facer na casa.

CONTO



ACTIVIDADES