jueves, 29 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE, 3 DE DECEMBRO


O obxetivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidad ten o obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre cuestión relacionadas coa diversidad funcional, fomentar a súa inclusión social e promover a igualdade de oportunidades.
Desde a nosa biblioteca queremos poñer o noso pequeño gran de area para recordar que os dereitos de todas as persoas deben ser respectados e que todos podemos ser vulnerables á discapacidade.
No noso cole temos compañeiros que teñen algún tipo de disCAPACIDADE, e sabemos que o que máis os define é a súa CAPACIDADE.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO

O NOSO CARTELIÑO TEN UNHA PRECIOSA ILUSTRACIÓN DE LEANDRO LAMAS.

Coeducar implica educar sen diferencias nas mensaxes en función do sexo. A coeducación é una das ferramentas máis útiles para poder acabar coa desigualdade transformando así a realidade.
A escola, constitúe una plataforma excelente para a superación dos perxuícios sexistas e para a provocación dun cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables.

- Para ver a nosa entrada do ano pasado PICA AQUÍ

viernes, 16 de noviembre de 2018

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. 20 DE NOVEMBRO




Como cada 20 de novembro, este martes celébrase o Día Universal dos Dereitos Da Infancia. Unha xornada dedicada aos máis pequenos e na que se pretenden concienciar á cidadanía de que son o colectivo máis vulnerable.
Tal e como recorda hoxe UNICEF é necesario chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar a diario polo seu benestar e desenvolvemento.
- Recopilatorio superinteresante de curtos para animarnos a celebrar o Día Universal do Neno AQUÍ