viernes, 30 de enero de 2026

Obradoiro do mes de Febreiro: Celebrando a amizade

 Durante este mes de febreiro, nos recreos da biblioteca imos realizar un obradoiro sinxelo de bordado de corazóns.

O introducimos este mes porque consideramos que o bordado é unha actividade lenta, compartida, paciente e colaborativa ao igual ca amizade que se construe puntada a puntada con tempo, coidado e dedicación.

Se tocades na imaxe podedes ver un vídeo do noso pequeno obradoiro 




lunes, 26 de enero de 2026

30 de Xaneiro día da Ilustracion

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora galego. O homenaxeado deste ano será o ilustrador ferrolano Siro López.


Para celebrar este día e dando continuidade o proxecto dos Oficios Tradicionais, pedimoslles as aulas que Ilustren un conto (ben inventado o ben que exista) sobre o oficio que elexiron dentro do proxecto.


Aqui tedes unha mostra dos traballos que se realizaron nas aulas:  
Os contos foron creados con IA e logo foron ilustrados polo alumnos de 3º e 4º. 

 
 


 
Os alumn@s de 6ºA ilustraron o conto de "Os oficios de Xan"
 

RETO DIA DA PAZ

 No cole recibimos a seguinte proposta para o Día da Paz, dende o CEIP Concepción Arenal de A Coruña


Recollimos a proposta:


E hoxe nas aulas recibimos as vosas pombas e cartas:


                                                              GRAZAS

lunes, 19 de enero de 2026

Obradoiro Xaneiro na biblioteca polos 21 Dias co Galego

Dende a Biblioteca sumámonos a actividade dos 21 Dias co galego, propondo neste mes un obradoiro de xogos de mesa en galego.



viernes, 16 de enero de 2026

21 dias co galego e mais e Proxecto de Biblioteca

 Hoxe damos comezo aos 21 Días co Galego. Un proxecto que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral de galego dentro da comunidade educativa.


E ao mesmo tempo da comezo o noso proxecto deste curso"Os Oficios Tradicionais Galegos" co que pretendemos que o noso alumnado coñeza e valore os oficios tradicionais galegos como parte do noso patrimonio cultural.