lunes, 7 de septiembre de 2015

FELIZ VOLTA AO COLE...!!!

BENVIDOS
FELIZ VOLTA AO COLE!!!


Un montón de aventuras, misterios e sorpresas, espéranvos escondidas entre as
páxinas dos libros que ocupan os andeis da nosa biblioteca.
Por agora, estámola  a reorganizar , e preparamos novidades, que esperamos
que vos gusten, e das que vos iremos informando puntualmente.
Pero primeiro, queremos darvos xa, a tod@s, a benvida, e invitarvos a participar
connosco na aventura que xa pronto iniciaremos...


"Biblioteca escolar, base de exploracións"

Este e o lema, elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares, pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
"O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  "


A imaxe do cartel de este curso, responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO


ESPERÁMOSVOS  NA VOSA BIBLIOTECA ...!!!

Saudos do Equipo De Biblioteca.