miércoles, 23 de febrero de 2022

DIA DE ROSALÍA

      Hoxe 23 de Febreiro conmemoramos o Dia de Rosalía, poeta de referencia da nosa língua e da nosa literatura.

      Neste ano 2022 a AELG, propón celebrar o Día de Rosalía baixo o lema de #Sementade Pensamentos. Dende a bibliotecas animámosvos a Ler a Rosalía, reflexionar sobre a súa poesía e lembrala.

 Tampouco nos queremos esquecer de apoiar a iniciativa de "Agasallar cun libro na nosa língua  e unha flor". Neste caso agasallouse a cada aula cun pensamento en recordo deste día.


Tamén decoramos a exposición de libros de Rosalía con Pensamentos.

O Kamishibai de Rosalía circoluo polas aulas para contarlle aos nenos a vida e a obra de Rosalía.

E a nosa Pontiña animounos a coñecer a Rosalía e Sementar Pensamentos:




sábado, 19 de febrero de 2022

SALVEMOS O PLANETA

 SALVEMOS O PLANETA

Este ano o tema do Entroido xirará  en torno o tema de Salvar o Planeta, e a nosa mascota Pontiña proponnos  que traballemos e investigemos sobre os  problemas medioambientais.

 



sábado, 12 de febrero de 2022

martes, 8 de febrero de 2022

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2022

O 11 de Febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia 


      A ONU estableceu esta data para recoñecer o papel que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, e así lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais  lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

    A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os obxectivos do desenvolvemento incluidos na Axenda 2030.

     Dende a Biblioteca faremos unha exposición de lecturas para levar as aulas e tamén propomos pequenos traballos de investigación: 
"Pontiña quere coñecer.... a unha muller científica"

Esta é a exposición que fixemos para que os nosos compañeir@s a  utilizaran nas aulas.
 

 A continuación deixamosvos unha pequena mostras dos traballos realizados nas aulas por este día:
 
 Os nenos/as de 4 anos:
 
Os alumnos/as de 3º