martes, 16 de enero de 2018

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO.

Xa collemos as rutinas de horarios, estudos, actividades e xa estamos preparando desde a biblioteca o Día da Paz que, como todos os anos celebramos o día 30 de xaneiro.
Ademais das diversas actividades que se van a organizar, tendes á vosa disposición na biblioteca unha selección de libros que escollemos para vós con esta temática.


Este ano Nelson Mandela cumpriría 100 anos e, como homenaxe queremos mostrarvos...
-Biografía.Vídeo explicativo da vida de Nelson Mandela e a súa gran achega á humanidade, realizado por nenos e nenas de 3º de Primaria do colexio Pai José Casal Carrillo de San Fernando (Cádiz).



-Evocamos unha escea da película "Invictus", onde se representa un acontecemento histórico: O mundial de rugby de 1995 en Sudáfrica.
-Frases soadas de Mandela. Con estas frases ou citas, que pronunciou ao longo da súa vida, resumo a súa forma de ser e de entender o mundo.


-"Invictus" é o poema máis coñecido do poeta inglés William Ernest Henley (23 de agosto de 1849 ? ?11 de xullo de 1903). O poema Invictus,  é moi coñecido na actualidade porque o líder sudafricano Nelson Mandela, tíñao escrito nun anaco de papel mentres foi encarcelado durante 27 anos na prisión de Robben Island.


Para os máis pequenos...Hai moitos libros infantís, pero poucos, moi poucos, que logo de 82 anos da súa primeira publicación, sigan atraendo ou conmovendo,  é "Ferdinando o Touro".
O texto de Munro Leaf, foi publicado en plena Guerra Civil Española, pero foi prohibido por Franco e non volveu publicarse ata a morte do dictador.
O conto contén unha profunda mensaxe de liberdade, tolerancia e respeto a individualidade.

lunes, 15 de enero de 2018

DÍA DA ILUSTRACIÓN. 30 DE XANEIRO


O 30 de xaneiro é o día da ilustración. foi creado en 2014 para potenciar este sector e situalo no lugar que lle corresponde. Esta efemérides coincide co aniversario de Castelao, gran debuxante, ademais de político, escritor, pintor e médico.

Cartel de Minia Regos
 Este ano, o homenajeado será Camilo Díaz Baliño.
Para saber un pouco mais de Díaz Baliño Pica Aquí
- Web Día da Ilustración

lunes, 8 de enero de 2018

CALENDARIO 2018 DO LIBRO E DA LECTURA.

Presentámosvos o novo calendario 2018 coas efemérides e datas máis salientables en torno ao libro e a lectura.

O cartel está deseñado pola ilustradora Nuria Díaz.