Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de enero de 2018

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO.

Xa collemos as rutinas de horarios, estudos, actividades e xa estamos preparando desde a biblioteca o Día da Paz que, como todos os anos celebramos o día 30 de xaneiro.
Ademais das diversas actividades que se van a organizar, tendes á vosa disposición na biblioteca unha selección de libros que escollemos para vós con esta temática.


Este ano Nelson Mandela cumpriría 100 anos e, como homenaxe queremos mostrarvos...
-Biografía.Vídeo explicativo da vida de Nelson Mandela e a súa gran achega á humanidade, realizado por nenos e nenas de 3º de Primaria do colexio Pai José Casal Carrillo de San Fernando (Cádiz).



-Evocamos unha escea da película "Invictus", onde se representa un acontecemento histórico: O mundial de rugby de 1995 en Sudáfrica.
-Frases soadas de Mandela. Con estas frases ou citas, que pronunciou ao longo da súa vida, resumo a súa forma de ser e de entender o mundo.


-"Invictus" é o poema máis coñecido do poeta inglés William Ernest Henley (23 de agosto de 1849 ? ?11 de xullo de 1903). O poema Invictus,  é moi coñecido na actualidade porque o líder sudafricano Nelson Mandela, tíñao escrito nun anaco de papel mentres foi encarcelado durante 27 anos na prisión de Robben Island.


Para os máis pequenos...Hai moitos libros infantís, pero poucos, moi poucos, que logo de 82 anos da súa primeira publicación, sigan atraendo ou conmovendo,  é "Ferdinando o Touro".
O texto de Munro Leaf, foi publicado en plena Guerra Civil Española, pero foi prohibido por Franco e non volveu publicarse ata a morte do dictador.
O conto contén unha profunda mensaxe de liberdade, tolerancia e respeto a individualidade.

jueves, 19 de enero de 2017

DÍA ESCOLAR DA PAZ. 30 DE XANEIRO

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz  foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
 

Desde o cole, tentamos traballar continuamente desde a paz , o entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión, isto  non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, como hoxe, que nos lembren que aínda hai situacións sociais difíciles, buscamos desenvolver no alumnado as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa e a concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

 
Unha Canción, un Poema, un Libro, humor, un Cadro, unha Pelicula......para a PAZ.

- Canción. Ningunha mellor para iso que a mítica canción de Bob Dylan: "A resposta está no vento".
Era 1962, Bob Dylan tiña  21 anos, e compuxo "Blowin' In The Wind", todo un canto á compaixón, á paz e á liberdade. Unha canción emblemática, un poema de profundo impacto social, un pozo de riqueza que hoxe segue plenamente vixente..


- Poema.

 
 
- Un libro. Un conto precioso "O soño de Picasso", no que nos conta a orixe da pomba da paz, que está tan presente nas obras de Picasso, así como fainos un percorrido polos distintos períodos artísticos do autor.





- Humor. Reflexións pola paz desde o humor gráfico. humoristas gráficos teñen unha capacidade especial para reflectir nos seus debuxos, con moi poucas palabra ou ningunha, moitos sentimentos sobre temas concretos.

 

- Un cadro "O Guernica" de Pablo Picasso.


    Pica "O Guernica" de Picasso para colorear.

Aquí en varios tamaños podedes atopar,  para   descargar          e colorear , "O Guernica" de Picasso.
 
- Unha Peli para cada idade
"Antz". Para os mais pequenos. O xeneral Mandible é unha formiga ambiciosa que trata de levar a todas as formigas á guerra contra as termitas a través da manipulación. Z-4196 é unha formiga que trata de evitar problemas e, namorado da raíña, busca Insectopía, un mítico lugar, onde se supón que todos os insectos son iguais e viven en harmonía. Pero Mandible trata de eliminar ás formigas máis débiles para crear unha nova colonia dos débiles e Z ao final demostrará a súa valentía opoñéndose ao tirano...
"Os mozos da choiva". Para os mais maiores. A película conta a historia dun mundo onde habitaban dous pobos inimigos, os Hydross e os Pyross, que foran un ao principio dos tempos, pero o "Separador" dividiunos e desde entón foron inimigos. Os líderes axitan ao pobo para que os soldados maten os seus inimigos, pero non están a contar toda a verdade .  pero dous mozos namoraranse e tentarán cambiar o mundo de guerra no que viven, restablecendo a paz.
"A guerra dos botón". E unha película imprescindible para 6º. A última adaptación da guerra dos botóns, ambientada nun pobo francés durante a segunda guerra mundial. Os nen@s de dous pobos veciños viven enfrontados e libran unha batalla "A guerra dos botóns"... pero outra batalla líbrase en Francia e os nenos deberán colaborar para salvar a vida de Violette, unha nena xudía escondida no pobo.

- Achega a ver algún dos libros que temos na biblio sobre A Paz



 
 

martes, 26 de enero de 2016

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA


O Día Escolar da Paz e a Non Violencia  celébrase todos os anos, o 30 de Xaneiro, en recordó do aniversario do asasinato de Gandhi. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Neste día, o noso centro convértense en instrumentos de paz . A paz constitúese como un estado onde non existe ningún tipo de violencia e créase unha convivencia e un entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.


- Como un ano mais podedes achegarvos ata a porta da biblioteca onde hai unha exposición dalgúns libros sobre temas relacionados coa non violencia, a tolerancia... Animarvos!!!

CEIP "A PONTE"- OURENSE- PAZ2016 by Slidely Slideshow

- Actividades LIM
 - Xogos
  • Palabras amigas PICA
 - Manualidades
  • Pomba da Paz para montar PICA
 - Se PICAS AQUÍ podes ir á nosa entrada do ano pasado onde podes atopar:
  •  contos para descargar
  •  mais actividades para traballar a Paz.

domingo, 18 de enero de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xorde en 1964 dunha iniciativa do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios convertémonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Conmemoramos o aniversario da morte do Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. Pica aquí para saber moitas mais cousas sobre GANDHI
 



A noción de "educación para a paz" foi impulsada pola Organización das Nacións Unidas na década de 1970 co propósito de formar ás novas xeracións nunha "cultura de paz", que permita aos homes resolver os conflitos a través do diálogo, a comprensión e a diversidade. Pretendese que os mais novos se familiaricen coas nocións de educación pola paz, e paz positiva.
 
- Para reflexionar sobre a Paz que mellor que informarnos sobre o último Premio Nobel da Paz, Malala e Satyarthi. Pica aquí e irás á nosa entrada sobre os Premio Nobel Da Paz 2014.
 
-No corredor, á beira da biblioteca, tedes unha selección de libros sobre esta data que esperamos que vos guste. Aquí vos deixámos un avance.

BIBLIOTECA CEIP "A PONTE" - OURENSE by Slidely Slideshow
 

- Deberiamos deixarnos levar sempre por un sentimento de empatía cara á dor allea, facer que o noso "leitmotiv" sexa "tratar os demais como a un mesmo"..., sobre este tema espero que gocedes con este curto

 
 
- Unha das formas en que podemos chegar a todos os lugares cos nosos bos desexos é, a través da música, a ver se vos gustan estes videos musicais!!!
 
John Lennon. "Imagine"
 
 
"Desaprender la guerra". Luis Guitarra.
 
 
- Preciosa Lenda de Sadako Sasaki e as mil grúas de origami.

 
Esta lenda remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima (Segunda Guerra Mundial)
"Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, o seu amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel ( papiroflexia), os deuses che concederán ese desexo que tanto anhelas.
Así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo porque faleceu moito antes de poder rematalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira pregar 644 grúas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.
 
 " 
Para os xaponeses a grúa ademais de paz, significa saúde.
 

 
- Contos para descargar
- Cuentos del Mundo. "IRENE EN EL SAHARA"
- Una Historia Verdadera. "WANGARI"
 
 - Actividades e xogos sobre a PAZ
- Mulleres que son premio Nobel.MULLERES POLA PAZ
Interesante UNIDADE DIDÁCTICA do día da paz de C.P. Manuel Pérez, entorno á Nai Teresa, Gandhi, M.L.King (biografías, Frases, fotografías, actividades).
- Este LIM, tamén o podes traballar en castelán e en ingles.
- Para os máis pequenos, actividades LIM para traballar as habilidades sociais
- Conto e actividades de WANGARI e as árbores da paz.
 
- Xogo de UNICEF para os "construtores" de PAZ.
- o xogo da "OCA"pola paz.
- vai estalar a PAZ!!!
 
 
 

lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ, TRABALLOS SOBRE NELSON MANDELA

Esta é unha pequena mostra dos traballos que todo o alumnado fixo, respondendo á invitación da Pontiña, investigando sobre a vida de Nelson Mandela e facendo unhas imaginativas caricaturas.

Podémolas ver, na entrada do noso cole, á beira da biblioteca. Aquí tendes un adianto.

CEIP "A PONTE" NELSON MANDELA by Slidely Slideshow

martes, 28 de enero de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ.


Un ano mais chega o 30 de xaneiro para pensar na necesidade de paz entre os pobos e as persoas.
A paz,"vivir en paz", é algo que se pode aprender, porque non é un valor absoluto, dado dun vez para sempre, nin un obxectivo imaxinario, senón un ESFORZO PERMANENTE no desenvolvemento integral da persoa.
Para reflexionar sobre este tema, podemos escoller os libros expostos á beira da biblioteca. Algún dos cales son estes





 O coro Mambazo Unidos, interpreta o Himno Nacional de Sudáfrica. Os Interpretes deste singular coro, proveñen de khayelitsha, o municipio máis grande de Cidade do Cabo.

A interpretación acompáñase de imaxes de Nelson Mandela, primeiro presidente de Sudáfrica elixido democráticamente, morto recientemente, e galardonado co Nobel da Paz en 1993.

Esta pomba liberada desde o noso cole, queremos que sexa a nosa pequena homenaxe a Nelson Mandela, e a todos eses homes e mulleres que traballan para A PAZ.

miércoles, 23 de enero de 2013

SEMANA DA PAZ

Durante esta semana imos facer unha serie de lecturas pola paz que tendes á vosa disposición no corredor ao lado da Biblioteca.