sábado, 22 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril celebramos do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO en todo o mundo. É unha xornada para fomentar a lectura e para disfrutar da mesma dun xeito diferente.

Queremos deixar aquí o cartel do Día do Libro que se nos achega dende as Bibliotecas escolares de Galicia, así como o texto de Montse Pena Presas (profesora da Área de Didáctica de Lengua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela) quen baixo o lema “Dar de Ler” afonda no papel das mediadoras e mediadores no mundo lo libro.


 "Dar de Ler"

viernes, 21 de abril de 2023

ACTIVIDADES DIA DO LIBRO

 Como cada ano organizamos unha serie actividades para conmemorar e festexar o Dia do Libro.

Deixamosvos aquí a proposta das actividades que pronto veredes en imaxes:

 

ACTIVIDADES DE CENTRO:

Paco Nogueiras para o alumnado de EI.

 O mércores 26 de Abril recibimos a visita de Paco Nogueiras, coa súa maleta chea de contos e música para celebrar cos máis pequenos o Día do Libro.

Os contos que nos contou e cantou: Dó re mi, Chibos chibón, Polo camiño, Imos cazar un oso, Mister Magnolia e Dez dedos nas mans e  dez dedas nos pés, están dispoñibles na Biblioteca, para que poidades disfrutar de novo deles.

Moitas grazas Paco Nogueiras, coma sempre, foi un pracer contar contigo no noso centro.


 

MEU LIBRO ESPECIAL É 





APADRIÑAMENTOS LECTORES

 


 





ACTIVIDADES DAS AULAS:

Os nen@s de 1º A traballando no seu libro do itinerario lector:


Os nen@s de 5 anos son uns artistas, eles inventaron un conto, fixeron os debuxos, escribírono e agora cóntannolo a todos estade moi atentos

      Conto da aula de 5anos B:  enlace 1  e enlace 2


  

       Conto da aula de 5 anos A (fai click na imaxe para ver o conto):


 

sábado, 8 de abril de 2023

Semana da Poesia

 Para celebrar o Día da Poesía teremos no cole, o 30 de marzo a  Charo Golmar.

Durante estos dias os nosos alumn@s estiveron traballando as poesias dos seus libros:

"Nobelo de Luz" e "No bico do vento".

Cada aula escolleu un poema e fixeron caligramas e debuxos relacionados co mesmo:



A parte de traballar con estes dous libros de poemas tamén os nenos inventaron poemas relacionados coa natureza e fixeron Caligramas:

 

Gravamos os poemas e creamos codigos QR para que poideran os pais escoitalos cando veñen as titorias:
 



 


 

Os/As alumn@s de 4º traballaron tamén  as rimas e pequenos poemas creados por eles:





viernes, 7 de abril de 2023

Charo Golmar

 O xoves día 30, tivemos a sorte de que o noso cole recibise a visita de Charo Golmar, que nos veu falar do seu libro "No bico do Vento"

 


Os alumnos de EI e EP, preparon poesias do seu libro e fixeron pequenas actuacións por etapas para agasallar a Charo Golmar durante a súa visita. Tamén os alumn@s de 4ºEP fixeronlle unha entrevista que vos vamos a deixar aquí, xunto cunha pequena mostra das actividades que se fixeron.

Antes de vos deixar os vídeos das actuacións, queremos mostrarvos fotos de diferentes momentos dese día:

Charo Golmar cos alumn@s de EI:


 Charo Golmar tamén estivo nas aulas do 1º ciclo que traballaron poemas do seu libro "No bico do Vento"e fiexeron caligramas con algunhas das súas poesías.


 Pequena mostra de imaxes das actuacións dos nenos e nenas do 2º ciclo e do Coro do cole:


Tamén estivo na nosa biblioteca, onde os alumn@s de 4ºA e B lle fixeron unha entrevista e lle entregaron un pin da nosa mascota.






Charo Golmar agasallou o centro con un poema, preme sobre a imaxe para escoitalo: