miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA

Xa está aquí unha dás nosas festas preferidas do ano, O Samain!!!
Época para facer plans para ese arrepiante día. Disfraces, caramelos, decoración, música, e contos, moitos contos, todo vira ao redor dun tema central: o medo.
O alumnado desde 3 anos a 2º, esta mañá fomos á biblio, e escoitamos, súper emocionados, á profe Igone que nos contou unha historia terroríficamente divertida ‘A estraña visita’, un conto rimado sobre a amizade que vén que nin pintado para estas datas.
A historia non nos deixou indiferente, a profe Igone conseguiu desde o primeiro minuto captar a nosa atención.
Pasámolo xenial!!! Trememos de medo!!!, e ademais, fíxonos pensar primeiro en non ter medo e segundo en que a velliña quere ter unha visita, e cando chega, non se fixa só nas aparencias e faise a súa amiga.







Berros, risas e sustos retumban na nosa biblio durante todo O Samaín!!!

martes, 22 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS, INAGURAMOS A BIBLIOTECA

Que mellor día que o próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, para a inaguración da nosa biblioteca!!!

Quixémonos sumar un ano máis á celebración de o Día Internacional da Biblioteca para concienciar ao noso alumnado da importancia que teñen as bibliotecas como espazos abertos á cultura.

O Ministerio de Cultura y Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "APTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS" ,co obxectivo de salientar o papel dás bibliotecas na promoción dá igualdade de xénero. Este é ou cartel.
Pola súa parte as bibliotecas escolares galegas teñen ou seu propio lema para este curso 2019/2020, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA, que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán. O ilustrador  interpreta o lema e ofrécenos unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese " viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas.

E a mellor forma de celebrar esta inaguración é celebrar, o día 25, a primeira reunion do noso Club de Lectura do curso 2019-2020.
Cun libro precioso que fala de diversidade e de diferenza como motivo de enriquecemento.







E como ou Samaín xa están á volta dá esquina....
Xa temos no corredor, á beira da porta da biblioteca, expostos os libros relacionados coa tematica de medo.
Seguro que haberá máis dun que che gustará!














A nosa biblioteca, un lugar para a igualdade e a diversidade.