miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA

Xa está aquí unha dás nosas festas preferidas do ano, O Samain!!!
Época para facer plans para ese arrepiante día. Disfraces, caramelos, decoración, música, e contos, moitos contos, todo vira ao redor dun tema central: o medo.
O alumnado desde 3 anos a 2º, esta mañá fomos á biblio, e escoitamos, súper emocionados, á profe Igone que nos contou unha historia terroríficamente divertida ‘A estraña visita’, un conto rimado sobre a amizade que vén que nin pintado para estas datas.
A historia non nos deixou indiferente, a profe Igone conseguiu desde o primeiro minuto captar a nosa atención.
Pasámolo xenial!!! Trememos de medo!!!, e ademais, fíxonos pensar primeiro en non ter medo e segundo en que a velliña quere ter unha visita, e cando chega, non se fixa só nas aparencias e faise a súa amiga.







Berros, risas e sustos retumban na nosa biblio durante todo O Samaín!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario