miércoles, 12 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 O luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

 O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”. 

 

Nesta data dende a Bibliopontiña propoñemos dar a coñecer a obra de escritoras galegas, a través de pequenas actividades que nos acerquen a elas.

As actividades que propomos son as seguintes 



Os pequenos traballaron contos de Marisa Nuñez, e coñeceron un pouco mais a esta autora.


O alumnos/as do 1º ciclo traballaron o conto "Maruxa" de Eva Mejuto, e aprederon un pouco da súa vida.


O segundo  ciclo traballou polo Día das escritoras a: Fina Casalderrey. Buscaron información sobre esta autora, leron a través da plataforma dixital Elbe2 o libro "Lingua Guapa. Cantos que contan", traballaron algún dos poemas e debuxaron o que lles transmitía. Tamén visionaron a curta "A orixe da nosa lingua guapa"

Esquema do traballo (clica para velo)


Os nen@s de terceiro tamén traballaron a Fina Casalderrey e reproduciron as imaxes das portadas dalgúns dos seus libros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario