jueves, 23 de octubre de 2025

24 de Outubro Día das Bibliotecas

 O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas.

O lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas", pon en valor  o papel  fundamental que desempeñan as bibliotecas na loita contra a desinformación.


A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.  

 

viernes, 10 de octubre de 2025

Apuntate o Club de lectura Pontiña

 


Se eres alumno/a de 5º de EP, e queres formar parte do Club de Lectura Pontiña, esperámoste o Venres 24 de Outubro na biblioteca, onde vos informaremos sobre:

-Que é un club de lectura?

-En que consisten as reunións

-A ficha de inscripción que debedes entregar o Mércores 29 de Outubro no recreo.

BUSCAMOS VOLUNTARIOS

 A biblioteca esta a piques de comenzar a funcionar, pero necesita repoñer voluntarios.

Necestimos nenos/as que esten dispostos a colaborar nas tarefas da bibliteca no recreo, e en aquelas outras actividades que se organicen para o resto do alumnado do cole.

Estade moi atentos a información que vos deixamos no seguinte cartel. 

ANIMÁDEVOS  A AXUDARNOS