viernes, 28 de noviembre de 2025

Obradoiro do mes de Decembro

 Neste mes de decembro nos recreos da biblioteca faremos adornos para as nosas árbores de Nadal. Pica na imaxe



miércoles, 19 de noviembre de 2025

25 de Novembro: Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

 Un  ano mais conmemoramos o 25 de novembro dende  o centro promovendo actividades e lecturas que favorezan a concienciación do noso alumnado.

O lema deste ano é: "Nin unha bágoa mais, por tratarnos mal entre nós" : propomos traballar en base as diferentes lecturas seleccionadas no noso rincón da biblioteca, as conductas inaxeitadas do alumnado.

Pica na imaxe



martes, 18 de noviembre de 2025

Maxia ou Ciencia

 No mes da ciencia en galego levaremos a cabo esta pequena actividade co alumnado do 1º Ciclo que corre a cargo do mago Fernando.



lunes, 17 de noviembre de 2025

Novembro mes da ciencia en Galego

Para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, durante a derradeira semana deste mes levaremos a cabo nas aulas e na biblioteca diferentes actividades relacionadas coa ciencia.


Levaremos a cabo experimentos nas aulas

domingo, 2 de noviembre de 2025

Relatos de Terror

 O alumnado de 6º, escribiu uns relatos cortos coa temática de medo para ambientarnos nestas datas.

Unha vez feitos graváronse e  agora queremos deixalos aquí para compartir con resto do cole.