miércoles, 4 de marzo de 2026

Dia Da Muller e Semana da Prensa: "Antes invisibles agora referentes"


 O 8 de marzo celebrase o DIA DA MULLER. 

Este ano e en relación co  proxecto da biblioteca "Os oficios tradicionais galegos" queremos visibilizar e por en valor o papel fundamental das mulleres nestes oficios  que son parte fundamental da economía da nosa terra.

Ademáis queremos aproveitar a semana da prensa para empregar o xornalismo para dar voz, investigar e converter en protagonistas a quen antes era "Invisible".


lunes, 23 de febrero de 2026

Día de Rosalía de Castro

 


O luns 23 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro. O seu amor por Galicia, converteuna nun símbolo da nosa terra. Durante esta semana, coñeceremos mais sobre a súa vida e a súa obra. 

Estade moi atentos a esta publicación.




Ademáis, na hora de ler desta semana recitaremos poesías de Rosalía.

 

sábado, 21 de febrero de 2026

jueves, 5 de febrero de 2026

Lecturas Compartidas polo Día da Paz:

 "O que non lle gusta a guerra" é un  album ilustrado de Ximo Abadia, que nos conta todo o que a guerra non soporta:

                         -A Paz.

                         -A alegría e o amor: todo o que trae felicidad.

                         -Os xogos infantís e a música.

                         -A liberdade: o poder de decidir.

                         -A memoria.

Pica en la imagen para ver esta actividad


Este conto foi o elexido para que o alumnado voluntario da biblio e pertencentes ao Club de lectura de 6º llo contara aos nenos e nenas de E.I. nas nosas Contadas pola PAZ.







lunes, 2 de febrero de 2026

Dia da Muller e a Nena na Ciencia

 Un ano mais dende a Bibliopontiña propomos celebrar esta data para visibilizar o traballo de moitas mulleres e coñecer as dificultades que atoparon no seu camiño. 

Seleccionamos lecturas que pomos a disposición dos compañeiros/as e do alumnado para os seus traballos e propomos actividades:




viernes, 30 de enero de 2026

Obradoiro do mes de Febreiro: Celebrando a amizade

 Durante este mes de febreiro, nos recreos da biblioteca imos realizar un obradoiro sinxelo de bordado de corazóns.

O introducimos este mes porque consideramos que o bordado é unha actividade lenta, compartida, paciente e colaborativa ao igual ca amizade que se construe puntada a puntada con tempo, coidado e dedicación.




lunes, 26 de enero de 2026

30 de Xaneiro día da Ilustracion

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora galego. O homenaxeado deste ano será o ilustrador ferrolano Siro López.


Para celebrar este día e dando continuidade o proxecto dos Oficios Tradicionais, pedimoslles as aulas que Ilustren un conto (ben inventado o ben que exista) sobre o oficio que elexiron dentro do proxecto.



RETO DIA DA PAZ

 No cole recibimos a seguinte proposta para o Día da Paz, dende o CEIP Concepción Arenal de A Coruña


Recollimos a proposta:


E hoxe nas aulas recibimos as vosas pombas e cartas:


                                                              GRAZAS

lunes, 19 de enero de 2026

Obradoiro Xaneiro na biblioteca polos 21 Dias co Galego

Dende a Biblioteca sumámonos a actividade dos 21 Dias co galego, propondo neste mes un obradoiro de xogos de mesa en galego.



viernes, 16 de enero de 2026

21 dias co galego e mais e Proxecto de Biblioteca

 Hoxe damos comezo aos 21 Días co Galego. Un proxecto que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral de galego dentro da comunidade educativa.


E ao mesmo tempo da comezo o noso proxecto deste curso"Os Oficios Tradicionais Galegos" co que pretendemos que o noso alumnado coñeza e valore os oficios tradicionais galegos como parte do noso patrimonio cultural.