lunes, 23 de noviembre de 2015

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 
O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional Contra A Violencia de Xénero, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 1999, a proposta da República Dominicana co apoio de 60 países, esta data foi elexida en homenaxe as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), que morreron asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960.


Como centro estamos comprometid@s na educación para a Igualdade e na promoción de valores de corresponsabilidade e igualdade entre nenos e nenas, futuros homes e mulleres.

 

 

Aquí recomendámosvos uns libros, pretenden fomentar a  corresponsabilidade nas tarefas domésticas, a visibilización do papel da muller , a ruptura cos estereotipos sobre o que se considera "ser home" e "ser muller", etc.
 
Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.
 
- LA MITAD DE JUAN (Gemma Lienas e África Fanlos. LA Galera)
Todos e todas perdemos coa desigualdade, os nenos tamén sofren malos tratos por ser pouco "varoniles" (segundo os canons sociais). A Juan gústanlle as bonecas, a súa camiseta rosa e os contos de princesas pero todos se rin del e dinlle que "son cousas de nenas". O problema é que cando enterra todo no xardín, se sente baleiro por dentro...! Como resolverá o problema?
 

- UNHA FELIZ CATÁSTROFE (Adela Turín)
Antes da catástrofe na casa da familia Rato, a mamá coidaba da casa e os nen@s e o señor Rato ía traballar e logo chegaba a casa e sentaba ata a hora da cea... pero algo inesperado ocorreu e... CAMBIOU TODO!
 

- A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER
PERDICES (De Nunila López e Miryam Cameros).
A historia fai unha revisión da historia de Cincenta, onde os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.




- MAMÁ DE QUE COLOR SON LOS BESOS? (Elisenda Queralt)
As emocións son só cousas de nenas... Este conto fala da cor das emocións e é moi importante que os nenos  aprendan a expresar adecuadamente as súas emocións, moitas delas lles foron vetadas como xénero.
 
 
- ¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA? (Raquel Diaz Requera)
Carlota teno claro, non lle gusta ser unha princesa rosa... aínda que parece que a súa contorna non ten moi claro as súas intencións.

 
 - EL PRÍNCIPE CENICIENTO ( Babette Cole)
Unha revisión do conto de Cincenta onde se cambian os roles.


 

- LA PRINCESA LISTILLA (Babette Cole)
Outra historia que desmitifica os contos de fadas.
 
 

- RONSEL GRITA MUY FURTE (Isabel Olid)
Esta é unha historia conmovedora onde Ronsel, unha nena tímida e amorosa, transforma o seu carácter a partir do truco que lle ensinou Conchita, a súa mestra: "Cando alguén queira facerche dano, Ronsel, grita moi forte!".É importante dar armas @s péquen@s para deter o abuso infantil.



- NIN UN BIQUIÑO A FORZA (Marión Mebes)
Os bicos son agasallos que podemos aceptar
ou rexeitar, e non hai porque obrigar @s péquen@s a bicar ou ser bicados. Teñen que saber que poden dicir NON.

 
- ARTURO E CLEMENTINA (Adela Turín)
Conta a historia de dúas tartarugas que se namoran e ao principio todo vai ben pero Arturo, sae de casa e vaina cargando de toda clase de obxectos inútiles... Clementina sentese
pequena e infeliz. Poderá escapar desta situación cunha cuncha tan cargada?




- ROSA CARAMELO (Adela Turín)
No país dos elefantes ás elefantitas téñenas nun corralito, vestidas de encaixes, comendo peonías e moi aburridas mentres os elefantitos gozan xogando no xardín... pero a unha delas non se lle dá nada ben iso de estar pechada.



 

- OS MALOS TRATOS SUTÍS: (conto escrito e dirixido polo coach emocional Diego Jiménez)
Un conto sobre como a sociedade xera na muller unha falta de autoestima que facilita os malos tratos e impoñer determinados canons de beleza, sobre todo, á muller...


martes, 17 de noviembre de 2015

20 DE NOVEMBRO. DEREITOS DA INFANCIA

UN DEREITO É AQUELO QUE OUTROS TEÑEN QUE RESPETAR DE NÓS E NÓS TEMOS QUE RESPETAR DOS OUTROS.




A convención sobre os Dereitos da Infancia de 1989, consta de 54 artigos, onde se definen os dereitos básicos cos que deben contar todas as nenas e os nenos.
Este tratado cumpliu o ano pasado 25 anos de historia, é o tratado que foi ratificado por un maior número de estados e é xurídicamente vinculante.
Os Dereitos da Infancia son universais, indivisibeis interdependentes, e o cumprimento de todos eles é responsabilidade dos gobernos, dos pais e nais e da socidade en xeral.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Para saber máis:
 
- Mafalda reivindica os dereitos da infancia. De Quino a petición de UNICEF. PICA.
- Slideshare sobre Dereitos e deberes dos nen@s.AQUÍ

- "Os dereitos da infancia" con Bolechas AQUÍ, de Pepe Carreiro.
Para xogar:
- Lim feito por Rosa González do CEIP O Pombal.PICA.
 
- "Isla de los derechos" AQUÍ.

lunes, 16 de noviembre de 2015

PREMIO LAZARILLO 2015. LEDICIA COSTAS


O pasado dia 13 de novembro fallouse en Madrid, o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), na que resultou gañadora a escritora viguesa Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta dás Femmes Plante.


Este galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinguido Instituto Nacional do Libro Español no ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para infancia e xuventude, e desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalos anualmente, nas modalidades de "Album Ilustrado" e "Creación literaria".

O xurado integrado por Xose Antonio Perozo, Arantxa Bea, Aurelio Erdozain, Ana María Navarrete e Antonio Manuel Fraga cualificou a obra como unha "novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben adaptada e unha linguaxe sinxela pero elaborado, que combina con precisión elementos de realidade e ficción, imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura".

Podes visitar AQUÍ a nosa entrada sobre Ledicia Costas do mes de outubro, cando recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil E Xuvenil, pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta, así como o noso interesante encontro en xaneiro con esta autora.

jueves, 12 de noviembre de 2015

13 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRERÍAS.


Baixo a lema 'Ler é viaxar', as librerías volven abrir as súas portas este venres con descontos  e diferentes actividades para celebrar a quinta edición do Día das Librerías, unha xornada que quere converterse nunha festa para os amantes dos libros e a lectura.

Así, nesta celebración, organizada pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal), librerías de toda a xeografía española ofrecerán un desconto do 5% en libros e abrirán ata as 22:00 horas.

"Roberto Bolaño dicía que "cada lector ten a librería que se merece". Por iso celebramos este día: porque queremos ofrecer a sociedade a mellor librería posible. Cada persoa que entra nunha
librería, non é un cliente, é un amigo. E estamos orgullosos de ter tan bos amigos. Estamos convencidos de que quen se atreve a entrar a unha librería, sempre volve."
CEGAL

Querémosvos ensinar cinco das librerías, que ao noso parecer, os amantes da lectura, e das librerías, non nos deberiamos perder.
 

- Entrada da librería Shakespeare & Co de París.


- Librería Selexyz Dominicanen, ubícase na cidade holandesa de Maastricht, é una antiga Igrexa do século XIII.

 
- Ateneo Grand Splendid, en Bos Aires.




 
- Atlantis Books, en Santorini, Grecia.





 
 - City lights, en San Francisco.

sábado, 7 de noviembre de 2015

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL. 2ª SEMANA DE NOVEMBRO


"A tradición oral é un fenómeno rico e complexo, transmítese de pais a fillos, de xeración en xeración, chegando ata os nosos días.
Desde tempos anteriores á escritura, foi a forma de transmitir a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de cantos, esconxuros, contos, fábulas, lendas, mitos, oracións e relatos, entre outros, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos."


Aquí tedes unha interesantes actividas:

- "Orella pendella". Ditos, Recitados e Cancións Infantís.AQUÍ
- Para os que esteades interesados nas REGUEIFAS.
- Desde o CEIP de Vilatuxe, un entretido LIM de adiviñas.
- Músicas de tradición oral Por RTVE en Radio Nacional Clásica