viernes, 8 de enero de 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA PARA 2016.

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2016 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. Desde a nosa biblioteca, estaremos ao tanto destas datas.
PICA AQUÍ para ver o calendario en PDF

Preciosa Ilustración de Tania Solla.

lunes, 14 de diciembre de 2015

NADAL NA NOSA BIBLIOTECA


Chega o Nadal e con él o tan esperado e merecido descanso para tod@s. Época de turrón, espumillón, árbore de nadal...,ideal para facer cousas en familia e con amig@s, para, reir, xogar, dar longos
paseos pola nosa cidade,engalanada para as festas,... é dicir, gozar do tempo que pasamos xunt@s, pero tamén época de libros, contacontos, teatro e películas.
Unha boa maneira de manternos
entretid@s e ao mesmo tempo gozar é meternos no fantástico mundo da lectura, xa sexa con libros novos, clásicos de toda a vida, ou compartindo algúns dos contos do Nadal máis populares.


O nadal tamén chega a nosa biblioteca, achégate!, concédenos uns minutos, probablemente atopes algo que che interese. Sacamos todos os nosos contos e libros de manualidades relacionados con estas data, "Pontiña" esperate e quereche dar moitas ideas para estas vacacións.
 
 
- Unha coñecida marca internacional realizou un experimento con 10 familias reais, onde os nenos ensínannos o que realmente queren facer este Nadal.
Que escribirán os nenos na carta aos Reis Meigos? E, se tivesen que escribir unha carta aos seus pais que pedirían? 

                   


lunes, 30 de noviembre de 2015

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE.

 
 
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclama o día 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Durante este día téntase derrubar as barreiras que rodean ás persoas con algunha discapacidade, xa sexan físicas, sociais, económicas ou discriminación que os exclúen de formar parte de actividades da sociedade.


Todos os nenos e nenas teñen dereito a educarse nun contexto normalizado que asegure a súa futura integración e participación na sociedade. O dereito de todos á educación atópase consagrado na Declaración dos Dereitos Humanos e reiterado nas políticas educativas dos países; con todo aínda existen millóns de nen@s e persoas que non teñen acceso á educación ou reciben unha de menor calidade.
 

No noso cole sabemos que, para os noso alumnado con discapacidade a integración temperá, nun ámbito "normalizado", significa unha mellor inserción na sociedade; Ademais, para o resto de compañeir@s, supón unha maneira de aprender valores relacionados coa diversidade e a tolerancia.

 
Deixámosvos este precioso  anuncio da  Fundación ONCE.

- Se queredes ver uns interesantes vídeos sobre distintas capacidades, pica aquí para ir á nosa entrada do ano pasado.
 - AQUÍ podedes visitar a entrada que fixemos, sobre este tema, cuns bonitos contos para os máis pequenos

viernes, 27 de noviembre de 2015

FALECE XOSÉ NEIRA VILAS.

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre"

 
A primeira frase de "Memorias dun neno galego", de Neira Vilas, acompañounos na infancia a varias xeracións de nen@s de Galicia, que este venres, desde que se deu a coñecer a sua morte  xa o botamos de menos.
 
Desde este blog, queremos render a nosa pequena  homenaxe  a este gran autor que faleceu na súa casa de Vila de Cruces (Pontevedra) aos 87 anos de idade.

A súa obra, "Memorias dun neno labrego" está considerada como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego, o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas, desde a súa publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas e levaba o pasado verán 600.000 exemplares vendidos.
 

- Para achegarnos á súa obra, os que aínda non coñecedes a Balbino, podedes empezar por este curto vídeo.



- Espero que vos guste este interesantísimo LIM que nos chega desde o  CEIP Frian-Teis. Podedes ler e escoitar o libro, ver unha entrevista con Neira Vilas e facer actividades. PICA AQUÍ


- Os máis pequen@s podedes pasear polo "Xardín de Irene", unhas preciosas rimas, acompañadas dunhas ilustracións de Leandro Lamas cheas de luz e cor. AQUÍ