"No
Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da
paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de
pensar. Unha educación
inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso
alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que
reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e
comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas."
Achégate o Día da PAZ a Biblio, Pontiña xa ten preparada una exposición de libros que tratan sobre A PAZ E A NON VIOLENCIA para todas as idades
ODía
da Ilustración celébrase cada ano o 30 de
xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de
lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na
industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico
galego. O protagonista deste ano é Cándido
Fernández Mazas.
Xulia
Pisón. Ilustradora do cartel.(A
Coruña, 1985)
Ilustradora
e debuxante de banda deseñada, cursou estudos de Ilustración na
EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea
de BD de 2015. Despois de editar varios cómics en formato fanzine,
como McCactus,
e de colaborar en diversas publicacións colectivas como Altar
Mutante
ou a antoloxía Licor
café,
en 2019 creou para a Universidade da Coruña o cómic de divulgación
científica Microalgas
– El mundo oculto.
Como ilustradora ten realizado carteis para diversos eventos, como as
Festas de María Pita da Coruña en 2017.
- ACTIVIDADES DÍA DE LA ILUSTRACIÓN 2020 EN OURENSE
Biblioteca pública de Ourense
Obradoiro de ilustración: Expresa tu mundo imaginario
Con Fatiropina
De 6 a 12 años
30 de enero a las 18:00
Inscripciones en el teléfono 988 788 386
Presentámosvos o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.
A gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada BEA LEMA asina a ilustración deste ano, que homenaxea, segundo a autora "a habilidade humana de levar cousas na cabeza". Para alén das datas máis habituais, como o Día das Letras Galegas o 17 de maio, o de Rosalía o 24 de febreiro ou o Día da Poesía, o 23 de marzo, o calendario recolle celebracións específicas de 2020, como son os centenarios de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto) e da revista Nós (30 de outubro).
Esta é a nosa selección de libros recomendados desde a biblioteca do colexio.
Xa sabedes que poñemos moito mimo e esmero nesta selección.
Se cadra apetécevos achegarvos a eles á hora de elixir un agasallo para estas datas e tamén que algún vos guste especialmente e poidades compartilo en familia. - RECOMENDACIÓNS "ILUMINA O TEU NADAL CUN LIBRO" PICA AQUI
EXPOSICIÓN LIBROS NADAL NA BIBLIO
FELICES FESTAS!!!
E UN ESTUPENDO ANO NOVO CARGADO DE BOAS LECTURAS!!!
Este luns 25 conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres para denunciar a violencia que se exerce sobre a muller en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Como todos os anos organizamos unhas actividades para sensibilizar ao noso alumnado sobre a igualdade, o respecto aos demais e a non violencia.
- Este ano traballaremos o conto de Daniela Pirata, onde a protagonista demostra como non é a identidade sexual o que define a súa vida, senón súas capacidades e a súa actitude.
- O alumnado máis creativo traballará nun mural sobre este tema.
- Animámosvos a escoller algún dos libros que levan uns días expostos no corredor á beira da biblio, son moi interesantes!!!
- Un conto claro e sinxelo para os máis pequenos
- Conto sobre o dereito de cada neno e nena nos seus gustos e identidades. Esta é unha historia inspirada en feitos reais.
- A nosa entrada dos anos 2018 e 2017 PICA Aprendamos xunt@s a vivir na igualdade das persoas.
Non debemos esquecer que coeducar é responsabilidade de tod@s e en todo momento.