jueves, 21 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

 Como cada 30 de Xaneiro queremos recordarlle a toda a nosa comunidade educativa a importancia de vivir nun mundo de PAZ,pois consideramos que é un dereito da infancia e toda a humanidade.

O equipo da Biblioteca súmase o lema do noso centro, proposto polo equipo de convivencia: "A vacina do bo trato".  A violencia, como os virus, só produce víctimas; todos saímos perdendo cando estallan. Ademais, igual que pasa coas pandemias, é mellor previr que curar. Proponsenos que elaboremos entre todos  unha vacina de Paz e Bo Trato que nos protexa contra: a ira, a violencia, o abuso, a falta de respeto...

E como cada ano animamosvos a que pasedes polo corredor anexo a Biblioteca e revisedes os libros que vos propoñemos, en relación o Día da Paz, para que os subades as aulas e os traballedes  estes días cos nen@s.

Tamén vos deixamos a continuación un genially no que recollimos recursos que consideramos interesantes para traballar nesta data ou noutro momento do curso, pois a Paz é necesario traballala cada día para que sexa unha realidade.

Entre os cortos que incluímos está o de Sadako y las 1000 grullas de papel, por eso vos propoñemos como manualidade que fagamos grullas de papel nas que escribamos os nosos desexos.




martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL

 O CEIP A PONTE e o Equipo da Biblioteca, xunto co  resto de persoal que forma parte do nose cole, queremos desexarvos a tod@s un diferente pero moi:

BO NADAL

E por iso vos mandamos esta Felicitación de Nadal, feita por a nosa compañeira de equipo Elena, profe de Educación Infantil:

Vémonos a volta!!!!!!

domingo, 20 de diciembre de 2020

KAMISHIBAIS DE NADAL

Dende o Equipo da Biblioteca, non queremos deixar de compartir con todos vós unha actividade que xa é unha tradición polo Nadal no cole: O Kamishibai de Nadal.

E ainda que non podemos reunirnos na biblioteca para escoitar aos nosos compañeiros/as, podemos levar os Kamishibais as aulas de maneira virtual.

Así invitámosvos a:

Para os alumnos/as de E.I: A LENDA DA ÁRBORE DE NADAL, polos nenos/as de 6ºB


Para os alumnos/as de 1º,2º e 3º: O APALPADOR, polos nenos/as de 6ºA.

 

Para os alumnos/as de 4º,5º e 6º:  CONTO DE NADAL, polos nenos/as de 6ºC.


MOITAS A GRAZAS A TODO@S POLA VOSA COLABORACIÓN

BO NADAL

martes, 15 de diciembre de 2020

AGASALLA UN LIBRO NO NADAL

Un ano diferente que remata, pero dende o Equipo da Biblioteca non queremos deixar de mandar, aínda que sexa virtualmente, as nosas recomendacións lectoras deste ano atípico.

Desexámosvos que pasedes un moi BO NADAL. Coidarvos moito, e vémonos de novo en xaneiro, cun novo ano cargado mais que nunca de bos desexos para tod@s.


martes, 1 de diciembre de 2020

Día Internacional da DISCAPACIDADE



 O 3 de decembro celebrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.

Neste ano 2020 o lema é "Un día para todos" e quere facerse ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos nalgún momento das nosas vidas podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar prepara para esto. 

Dende a escola debemos educar par crear un mundo e unha sociedade na que todos/as teñamos cabida independientemente das nosas capacidades.

Propoñemosvos unha serie de recursos para traballar durante estes días e conmemorar esta dat


En Infantil a Profe Marisa esta a traballar o conto de "Las Jirafas no pueden bailar" e "Orellas de bolboreta" 

Deixamosvos unha imaxe danosa pequena exposición para que os nosos compañeiros fagan uso dela nas súas aulas