Todo o cole, e en especial o Equipo da Biblioteca, queremos dar as grazas, por a magnífica colaboración que prestaron na nosa Biblioteca, os nos@s Axudantes de Biblioteca, grazas pola vosa entrega, interés e bo facer, sen o voso traballo, non poderíamos realizar tantas cousas.
Despedimos aos de 6º, que van ao instituto, desexándolles que sexan moi felices nesta nova etapa que comezan.
Como todos os anos, na nosa biblioteca xa estamos cos preparativos para a celebración das nosas letras, AS LETRAS GALEGAS, este ano dedicado a María Victoria Moreno Márquez, non vos esquezades pasar pola exposición dos seus libros e achegarvos a súa obra.
Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro e son numerosas as actividades que se desenvolven durante a semana que rodea este día.
A nosa biblioteca, como todos os anos, está de gala, xa temos todo preparado para a celebración, esperamos que gocedes coa festa dos libros.
A bibliorecreo cada vez conta con máis seguidores!!!
Grazas aos noso voluntarios.
1.- Para
ver os autores que nos visitaron nos nosos "Encontros con
Autores/as", pincha no gadgets da nosa barra lateral dereita, ou pica AQUÍ
3.- Exposición de novidades "Feira do libro do Cole"
NOVIDADES DÍA DO LIBRO by Slidely Slideshow 5.- Aquí deixamosvos fotos da 7ª edición dos "Apadriñamentos lectores" ( iremos subindo máis en días sucesivos). - Os nenos maiores de 6º, lenlle aos máis peques do cole, os de 3 anos
- Caderno de actividades para traballar Don Quixote Da Mancha con nenos e nenas de primaria PICA.
- Mar Junco Martín crea este recurso, para alumn@s de Primaria, no que suscita tres retos INTERESANTE.
- UN PRODUCTO REVOLUCIONARIO.........!!!
- E TI, POR QUE LES?: Issuu elaborado pola biblioteca Bemilladoiro - Malpica. Contén as razóns para ler de importantes persoeiros, destacados nos eidos do deporte e da cultura en xeral, e forma parte do traballo colaborativo realizado polas Bibliotecas Escolares Galegas para o Día do LibroAQUÍ - Partes do libro
"Un libro infantil representa o respecto pola grandeza do máis pequeño"
Inese Zandere
Opróximo 2 de abril celébrase o Día Do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 o Día Do Libro, con tal motivo desde o cole dedicarémoslle diversas actividades durante todo o mes, dentro do noso "Abril Mes Dos Libros".
Desde 1967 ao redor do 2 de abril, nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional Do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros e para chamar a atención da comunidade sobre os libros dos nen@s.